Manuel Baltar asiste á inauguración da exposición antolóxica de Antón Pulido, na que colabora a Deputación de Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu onte á inauguración da exposición antolóxica do pintor ourensán Antón Pulido, coa que colabora a Deputación de Ourense, que tivo lugar na sala de exposicións de Afundación, na Praza Maior da capital ourensá. A exposición foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a quen acompañaron tamén Antón Pulido; o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o xerente de Afundación, Pedro Otero; o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, e o delegado da Xunta, Rogelio Martínez.
Numerosos representantes da vida social, institucional e cultural de Galicia déronse cita no acto para percorrer cincuenta anos de historia da obra creativa de Antón Pulido, quen explicou que a mostra fai un percorrido por diferentes etapas da súa vida.