Manuel Baltar: “A Deputación de Ourense está na vangarda dos gobernos provinciais de España”
“En 2014 puxemos en marcha normativas pioneiras como o Código Ético, a Ordenanza de Transparencia, e importantes proxectos nos ámbitos do Medio Ambiente, a participación cidadá e a cooperación cos concellos”.
O Plan “Ourense, a provincia termal” e o impulso da candidatura para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da humanidade, dúas das iniciativas lideradas pola Deputación.
No ámbito económico destaca a importante redución da débeda, o incremento de investimentos, a aprobación de orzamentos en outubro e o desenvolvemento de 12 programas de cooperación cos concellos.
“Os plans “Transforma Ourense” e “BenOurense”, a Axencia da Enerxía e o Consorcio de Incendios son iniciativas que defenden unha visión integral da provincia porque a Deputación representa a todos os ourensáns”, afirma Baltar.
“A Deputación de Ourense está á vangarda dos gobernos provinciais de España, tanto no que se refire a temas administrativos como institucionais, pois lideramos iniciativas nos ámbitos da transparencia, o Medio Ambiente, a participación cidadá, a cooperación cos concellos e mesmo a xestión económica, mellorando, a pesares da crise, os indicadores económicos”. Así resumiu o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o balance anual da súa xestión á fronte do goberno provincial en 2014, nun almorzo cos medios de comunicación celebrado hoxe en Ourense.
Manuel Baltar destacou que en 2014 a Deputación de Ourense foi quen aprobar normativas pioneiras como o primeiro Código Ético dun goberno provincial ou a primeira Ordenanza de Transparencia dunha deputación, así como de planificar importantes proxectos nos ámbitos do Medio Ambiente, a participación cidadá e a cooperación cos concellos. Entre estes citou a Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente -que presentou en Bruxelas-, o Plan Particip@ -para a concienciación de boas prácticas medioambientais-, o Plan Transforma Ourense –para impulsar o emprendemento e a actividade empresarial-, o Plan BenOurense de Servizos sociais ou mesmo a aprobación (onte) dos estatutos do que será o Consorcio Provincial contra Incendios.
“Os plans “Transforma Ourense” e “BenOurense”, a Axencia da Enerxía, o Consorcio Provincial de Incendios ou o impulso da candidatura para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade son bos exemplos de iniciativas que defenden unha visión integral da provincia, porque a Deputación representa a todos os ourensáns”, afirmou Manuel Baltar.
No que se refire ao Plan “Transforma Ourense”, Baltar explicou que a alianza estratéxica da Deputación de Ourense co Ministerio de Industria, a través da Escola de Organización Industrial, “suporá en 2015, entre outras iniciativas, investir máis dun millón de euros na provincia de Ourense en actividades destinada ao emprendemento xuvenil”, e valorou moi positivamente os proxectos desenvolvidos nos ámbitos empresarial e de emprendemento como o Redepyme e os plans estratéxicos de parques empresariais e as iniciativas realizadas co Incyde, á Cámara de Comercio e a CEO.
Tamén se referiu Baltar a aposta “firme e decidida” da Deputación de Ourense polo Termalismo, que supuxo a posta en marcha, en colaboración coa Xunta de Galicia, do Plan “Ourense, a provincia termal”, ao que hai que engadir a sinatura do convenio para a súa execución e constitución do Consello Termal, “uns pasos que teñen como meta converter a Ourense na provincia termal de referencia en España, pois contamos coa estratexia axeitada, coa implicación de todas as administracións e coa participación privada e da universidade. É un proxecto ao que todos os ourensáns se teñen que sumar”.
Xestión económica
No que atinxe á xestión económica, Manuel Baltar destacou a importante redución da débeda que experimentou a Deputación de Ourense en 2014 e o incremento de investimentos, así como o feito de que por primeira vez na historia se aprobasen os orzamentos do ano seguinte no mes de outubro. Ademais, subliñou como prioridade o desenvolvemento de 12 programas de cooperación cos concellos, e a recuperación da facenda provincial, que permitiu retornar ao accionariado de Meisa, a Expourense, ao Consorcio dos Peares, sen esquecer a posta en marcha do Plan estratéxico de Subvencións, que ten como obxectivo garantir no ámbito da cooperación cos concellos un nivel mínimo de investimentos en infraestruturas de titularidade municipal, en particular, nas relacionadas cos servizos mínimos obrigatorios, e prestar axuda financeira aos concellos en situación de insuficiencia orzamentaria.
Tamén destacou Manuel Baltar que en este 2014 a Deputación de Ourense foi a primeira en celebrar un debate sobre o estado da provincia e en organizar a primeira Conferencia de Presidente de Gobernos Provinciais, dúas iniciativas que serviron para poñer en valor a importancia da provincia, como tamén o foi a exposición organizada para conmemorar os 180 anos das provincias e a xornada de portas abertas que se celebra xa por segundo ano consecutivo no Pazo Provincial.
Axencia Provincial da Enerxía
Moitas destas iniciativas converteron á institución provincial ourensá nun referente de xestión para outros gobernos provinciais intermedios e algúns proxectos, como o da Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente, mesmo concitaron o interese de Bruxelas, onde Manuel Baltar foi convidado a participar no Comité das Rexións para explicar o futuro modelo enerxético que prevé aplicar para reducir custes e mellorar a