Manifesto do Colectivo Cultural Fala Ceibe do Bierzo ante a eliminación do Galego na Escola de Idiomas de Ponferrada

ENSINO eoiponf Facémonos eco do manifesto do Colectivo Cultural Fala Ceibe do Bierzo ante a eliminación do Galego na Escola de Idiomas de Ponferrada.

Comeza o curso escolar na rexión do Bierzo e reaparecen os problemas co ensino do galego. De novo xorden as denuncias da comunidade escolar sobre a aprendizaxe deste idioma. Nesta ocasión, o alunado de galego da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada nos comunica a intención de suprimir o ensino desta lingua no primeiro curso. Tamén nos anuncian que se pretende non ofertar primeiro de portugués e que non se nomeou aínda o profesor de galego.

A pesares de haber alunado abondo para impartir o primeiro curso de galego na EOI non se lles garantan as clases neste idioma durante o novo curso 2014-15. De novo os recurtes presupuestarios da Junta de Castela e León están detrás da pretensión de suprimir a oferta de lingua galega. Este mesmo razonamento institucional xa foi alegado para eliminar este idioma no instituto Europa de Ponferrada o curso pasado. Lembremos que finalmente a Dirección Provincial de Educación de León, trala presión social, acetou recuperar o ensino do galego no dito instituto. Por iso, agardamoss que as actuais protestas educativas fagan recapacitar á Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada para que retome a oferta de galego como nos cursos anteriores.

O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo denuncia, outro curso máis, os problemas sucesivos que ten o ensino da lingua galega. Non é normal que a comunidade escolar berciana teña que aturar estes continuos atrancos institucionais na aprendizaxe deste idioma. Porque coidamos que esta problemática antigalega só causa desmotivación e desconfianza respecto ao ensino deste idioma por parte dos potenciais demandantes. Tódolos anos temos recibido numerosas queixas cidadáns verbo do ensino do galego. Así pois, a ineficacia neste tema da administración educativa é incuestionábel. Ben se pode dicir que a repetición de diversas limitaciois ao ensino do galego deriva dunha política educativa arbitraria con este idioma.

REMESA DE CARTAS-QUEIXA ÁS INSTITUCIOIS POLÍTICAS.

Por todo o comentado, dirixímonos coas nosas cartas ao Procurador do Común de Castela e León e mailo Valedor do Pobo Galego para que inicien os respectivos expedientes informativos sobre esta problemática educativa relacionada co galego. Outro tanto faremos cos partidos políticos representados tanto nas Cortes de Castela e León coma no Parlamento Galego para que saiban deste conflito escolar e debatan sobre a súa posíbel solución definitiva.

O GALEGO NO PROTOCOLO INTERAUTONÓMICO.

Cómpre recuperar o debate político entre a Junta de Castela e León e maila Xunta de Galicia para normalizar o ensino do galego na rexión do Bierzo. Visto o visto, queda claro que a aprendizaxe deste idioma segue tendo moitos problemas sen resolver. Publicitouse a futura sinatura dun Protocolo de Colaboración interautonómico entre a Junta de Castela e León e maila Xunta de Galicia no relativo a diversas políticas comúns (comunicaciois, fogos forestais, sanidade, turismo, etc). Pois bien, demandamos que neste dito Protocolo o tema do ensino do galego teña un importante contido para superar os actuais e futuros problemas.

E para acadarmos isto hai que partir da premisa principal

www.obierzoceibe.blogspot.com

También te podría gustar...