Mañán xoves inaugúrase a exposición fotográfica ‘Coma silvas que comen muros’ de Iván Merayo no Barco

exposición fotográfica 'Coma silvas que comen muros' de Iván Merayo no Barco

 

Como indica a web do Concello do Barco, mañán xoves será a inauguración da exposición fotográfica «Coma silvas que comen muros» de Iván Merayo. Será ás 19:30h no Teatro Lauro Olmo donde terá lugar a apertura da mesma.

Trátase dun interesante relato gráfico sobre a memoria e a represión arredor do fusilamento do ferroviario Manuel Pérez Goyanes acontecido na cidade de Monforte en outubro de 1941. Estará aberta ata o día 7 de xaneiro de 2015.

A exposición está composta por trece imaxes panorámicas que parten dun campo desenfocado, da dificultade para pousar a mirada. Conxecturas dos derradeiros cheiros, do frío do condenado a morte. Instantáneas posíbeis dunha última ollada; da visión atropelada de alguén obrigado a se despedir ás présas. Lembranzas dunha norte indigna. Apenas ferruxe e confusión. No medio da confusión, uns pequenos puntos enfocados, a constatación da morte. E, como pano de fondo, un entorno decadente ciscado de malas herbas. A vexetación, como a vida dunha persoa, pode ás veces chegar a ser indesexábel para algunha xente. Como a maleza.

También te podría gustar...