Malestar do BNG de Vilamartín ante as manifestacións de socialistas e populares sobre determinados orzamentos de obras pagadas e non executadas

Concello de Vilamartin de Valdeorras

O BNG de Vilamartín manifestou su malestar, a través da Nota de Prensa que adxuntamos, polas “Declaracións ao redor dos orzamentos e das obras.”

Segundo o publicado na prensa, referido Editar Editar fecha y horaás obras de Valencia do Sil, pista de Robledo e médulas de Córgomo, os representantes de PP e PSOE están a falar de actuacións que poden ser constitutivas de delito.

É vergoñento e irresponsable que os representantes políticos se adiquen a facer declaracións á prensa de actuacións, que posiblemente sexan delictivas, para que despois, non actúen en consecuencia.

Dá vergoña, por non dicir noxo, ver como a alcaldesa bota balóns fóra, en relación ás actuacións do que até día de hoxe era seu número dous na lista. Se a alcaldesa ten información sobre este tema, debe de poñela a disposición da fiscalía para que esta tome unha resolución da posible existencia de delito.

O mesmo debe de facer o representante político do PSOE, non se pode afirmar alegremente que hai unha obra de 28000 €, pagada e sen realizar para logo quedarse de brazos cruzados, denuncie xa!

Os veciños terán o apoio do BNG para levar a cabo toda a documentación á fiscalía e estudar as medidas legais a levar a cabo para poder resolver este feito.

O pobo non se merece este goberno nin esta oposición, porque é unha falta de seriedade e rigor digna de estudio. Ademais, do emprego electoralista da información, é que PP e PSOE toman aos veciños por imbéciles?

Esixímoslle á alcaldía ter aceso a toda a información relativa a estas tres actuación para poder actuar en consecuencia

Tras estos requerimento feitos por nota de prensa, presentaron o seguinte escrito:

ESIXIMOS E PROPOÑEMOS OS SEGUINTES ACORDOS.

Levar a plenos estes feitos para ser aclarados, xa que non pode ser que se vertan dúbidas alegremente sobre as actuacións dos que se din representantes do pobo.

Esiximos da Alcaldesa que de ter coñecemento destes feitos os traslade á fiscalía toda a documentación para aclarar se estas son constitutivas de delito e resolver as posibles actuacións xudiciais que destas se podan derivar.

Esiximos unha aclaración plena destas actuacións, ou un comunicado público como pode ser un edicto ou bando onde se aclaren as actuacións do concello.

De non ser certas estas acusacións, que pensa facer a alcaldía ante estas acusacións? Xa que é unha absoluta vergoña que se faga un emprego electoralista da información da que dispoñen as diferentes candidaturas que contan con representantes institucionais.

Calificamos como vergoñentas as declaracións que podemos extraer da prensa por parte da alcaldía e por parte do cabeza do PSOE, xa que se limitan a botar balóns fora e a realizar declaracións oportunistas e electoralistas, de ter o mínimo indicio de delito o que deben de facer os representantes dos veciños é denunciar á fiscalía ou xulgados ditos feitos, se non o fan, vostedes a que xogan?

Vostedes son representantes dos veciños ou concursantes dun Gran Hermano VIP que se adican a botarse os trastos á cara no salón de plenos coma se fora o plató dunha televisión?

Se non son conscientes da situación, o coñecemento dun posible delito e non denuncialo, convirteos en cómplices, alomenos cómplices morais, a parte de ser inmoral.

Esiximos ter aceso á toda a documentación relativa a estes tres feitos.

Rogamos que lle dea a coñecer aos representantes públicos este escrito para que podan tomalo a consideración.

También te podría gustar...