Máis de 200.000 estudantes de ESO, Bacharelato e FP comezarán o curso 2014/2015 este luns 15 de setembro

Así mesmo o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño medra un 3,7% ata chegar aos 1.670 estudantes. Nesta categoría inclúense as ensinanzas superiores de deseño, os ciclos formativos de artes plásticas e deseño e os estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais. Un incremento similar, do 3,2%, é o rexistrado nas ensinanzas deportivas, que acadan os 451 alumnas e alumnos.

Formación Profesional No caso da Formación Profesional – non incluída nos devanditos 146.451 estudantes- a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en datas próximas. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que – contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, o segundo curso dos Programas de Cualificación Profesional Inicial, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos ascenda a máis de 53.700, o que suporía un incremento de máis do 5% respecto do curso 13/14.

Centros escolares Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Galicia
Educa. Primaria e Secundaria(1)
26
13
14
49
102
C. de ESO
0
0
1
2
3
C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias
3
1
2
2
8
C. de ensinanzas postobrigatorias
25
7
7
18
57
C. de primaria, ESO e ensinanzas postobrigatorias(1)
32
3
6
25
66
C. de adultos (2)
1
0
0
0
1

(1)   Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.

(2)   Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos

Ademais, un total de 125 centros públicos e 70 privados imparten en Galicia ensinanzas artísticas, e ensinanzas deportivas.

 

También te podría gustar...