Máis de 200.000 estudantes de ESO, Bacharelato e FP comezarán o curso 2014/2015 este luns 15 de setembro

xunta de galiciaAlgo máis de 200.000 estudantes comezarán este luns as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación, especialmente no caso da FP – cuxa matriculación aínda está en moitos casos en trámite- e, en xeral en todas as ensinanzas de secundaria, non serán definitivas ata dentro dunhas semanas. De feito, o prazo de matriculación para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato rematou o día 10 de setembro.

ESO Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 88.529 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 0,6% máis ca no curso 2013/2014.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

Centros públicos
Centros privados concertados
Centros privados non concertados
A Coruña
26.210 alumnos
9.299 alumnos
737 alumnos
Lugo
7.233 alumnos
1.887 alumnos
220 alumnos
Ourense
5.538 alumnos
2.966 alumnos
165 alumnos
Pontevedra
23.421 alumnos
10.149 alumnos
704 alumnos
Total
62.402 alumnos 24.301 alumnos 1.826 alumnos

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 3,5% respecto do curso anterior.

    2013/2014
   2014/2015
A Coruña
1.345 alumnos
1.295 alumnos
Lugo
600 alumnos
578 alumnos
Ourense
417 alumnos
401 alumnos
Pontevedra
1.261 alumnos
 1.214 alumnos
Total
3.623 alumnos 3.488 alumnos

Bacharelato ordinario Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 30.463 alumnos e alumnas comezarán o luns as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón un 0,6% menos ca no curso 2013/2014.

Centros públicos
Centros privados non concertados
A Coruña
10.256 alumnos
2.375 alumnos
Lugo
2.957 alumnos
245 alumnos
Ourense
2.552 alumnos
552 alumnos
Pontevedra
9.925 alumnos
1.601 alumnos
Total
25.690 alumnos 4.773 alumnos

No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso é dun 8,1% estudantes menos:

2013/2014
2014/2015
A Coruña
219 alumnos
210 alumnos
Lugo
99 alumnos
50 alumnos
Ourense
49 alumnos
55 alumnos
Pontevedra
212 alumnos
217 alumnos
Total
579 alumnos
532 alumnos

Ensinanzas de réxime especial No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o incremento do alumnado, ata os 16.287 estudantes, é do 1,4% respecto do curso 13/14.

A distribución por provincias e ensinanzas no curso 14/15 é a seguinte:

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Total
Ensinanzas básicas nivel I
218 alumnos
143 alumnos
43 alumnos
406 alumnos
810 alumnos
Ensinanzas básicas nivel II
264 alumnos
30 alumnos
41 alumnos
216 alumnos
551 alumnos
Ed. Secundaria adultos niveis I e II
2.737 alumnos
651 alumnos
617 alumnos
2.778 alumnos
6.783 alumnos
Bacharelato presencial
1.268 alumnos
219 alumnos
258 alumnos
1.023 alumnos
2.768 alumnos
Bacharelato semipresencial/distancia
3.511 alumnos
597 alumnos
444 alumnos
823 alumnos
5.375 alumnos
 Pola súa banda, o número de estudantes nas ensinanzas artísticas increméntase con carácter xeral, atentendo aos datos, aínda provisionais. Así, o alumnado en ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería de acadar os 8.520 matriculados, medra nun 2,3%:
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Total
Conservatorios de música
2.996 alumnos
1.011 alumnos
896 alumnos
2.714 alumnos
7.617 alumnos
Centros autorizados de música
469 alumnos
148 alumnos
5 alumnos
281 alumnos
903 alumnos

No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 366, 4 máis ca no curso 13/14; mentres que nas de arte dramática haberá 165 alumnas e alumnos, 6 máis ca no ano académico anterior.

También te podría gustar...