Máis de 14 millóns de euros para obras, servizos, infraestruturas, emprego e mocidade e 5 para amortización da débeda

  • A Deputación de Ourense pon a disposición da provincia máis de 14 millóns de euros para obras, servizos, infraestruturas, emprego e mocidade
  • O pleno da corporación provincial celebrado onte aprobou tamén destinar 5 millóns de euros para amortización da débeda, contemplada no Plan Ourense 15-19, co obxectivo de situar á Deputación en maio de 2019 con «débeda cero»

0 0 MB e pleno xan16

 

A Deputación de Ourense pon a disposición da provincia máis de 14 millóns de euros para levar a cabo obras, servizos, infraestruturas, melloras viarias e programas orientados ao emprego e á mocidade. Así o aprobou onte o pleno da corporación provincial, que tamén acordou destinar 5 millóns de euros para amortización da débeda, contemplada no Plan Ourense 15-19, con obxectivo de situar á Deputación en maio de 2019 con «débeda cero».

O orzamento do Plan provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais e Rede Viaria Provincial 2016 aprobado onte ascende a un total de 7.549.859 euros (5 millóns para obras e 2 millóns para a rede viaria), sendo a achega da Deputación de Ourense de 6,7 millóns de euros mentres, que os concellos achegan 798.720 euros. Neste orzamento tamén se inclúen as achegas do réxime especial para concellos en situación de insuficiencia financeira (475.500 euros). En canto ao Plan Complementario para Obras Municipais e Rede Viaria da Deputación a achega total é de 5,2 millóns de euros.

Asemade, para o Programa de Empregabilidade, que ten como obxectivo contribuír ao sostemento económico dos servizos de competencia municipal posibilitando, asemade, a contratación dos recursos humanos necesarios, o orzamento que se destina é de 910.000 euros; e para o Plan de Mocidade, que ten a finalidade de financiar actividades desenvolvidas polos concellos a prol da xuventude o investimento total para 2016 ascende a 546.000 euros. A estas cantidades hai que engadir 2.000.000 euros, contemplados no primeiro expediente de modificación de créditos deste año, que se destinarán para investimentos a concellos.

También te podría gustar...