Máis de 130.000 solicitudes de libre elección de hospital e de persoal sanitario en primaria

  • O Servizo Galego de Saúde rexistrou máis de 130.000 solicitudes de libre elección de hospital e de persoal sanitario en primaria
  • O decreto de marzo de 2015 regula o exercicio do dereito á libre elección de médico de familia, pediatra e profesional de enfermería en atención primaria, e de centro ou complexo hospitalario por un problema de saúde novo

 

SERGASOs usuarios do Servizo Galego de Saúde teñen a posibilidade de elixir libremente o seu profesional de medicina e de pediatría en atención primaria, dende o 21 de abril de 2015, así como de enfermaría ou matrona, dende o 20 de agosto de 2015.

Un total de 84.840 usuarios solicitaron a libre elección de persoal médico, 35.091 de pediatría, 10.135 de enfermería; e 51 persoas solicitaron a libre elección de matron/a.

 

EOXI
LIBRE ELECCIÓN AP
(EN VIGOR DENDE 21/04/15)
LIBRE ELECCIÓN AP
(EN VIGOR DENDE 20/08/15)
 MÉDICO
PEDIATRA
ENFERMERÍA
MATRONA
FERROL
5.232
2.268
529
2
A CORUÑA
13.672
7.799
1.551
8
SANTIAGO
15.467
5.862
2.494
35
LUGO-CERVO-MONFORTE
11.721
3.395
1.149
OURENSE-VERÍN-BARCO
10.077
3.111
2.182
PONTEVEDRA-SALNÉS
7.997
4.353
798
VIGO
20.674
8.303
1.432
6
TOTAL
84.840
35.091
10.135
51

Datos dende a entrada en vigor ata o 31 de agosto de 2016

Libre elección de hospital

O Servizo Galego de Saúde autorizou un total de 28 solicitudes de libre elección de hospital, dereito que entrou en vigor o 20 de outubro de 2015. Os pacientes, ao abeiro do Decreto 55/2015 de 26 de marzo, poden solicitar un cambio de centro ou complexo hospitalario no caso de dous supostos, nun problema novo de saúde ou no caso de intervención cirúrxica.

Do total de solicitudes aceptadas (dende a súa entrada en vigor ata o 31 de xullo de 2016), 10 realizáronse con motivo de libre elección por un problema de saúde novo desde atención primaria, e outras 18 por unha intervención cirúrxica.

En canto á distribución xeográfica, na provincia da Coruña a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago autorizou 11 solicitudes de libre elección, a da Coruña 8, a de Ferrol 4, e 3 a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense-Verín-Barco. Na provincia de Pontevedra, a Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra-Salnés autorizou un cambio de libre elección de hospital, e a de Vigo, outro; e non houbo solicitudes na Xerencia de Lugo-Cervo-Burela.

Normativa de dereitos sanitarios

O Consello da Xunta aprobou en marzo de 2015 o texto do decreto polo que se regula a libre elección de médico de familia, pediatra e persoal de enfermaría, no ámbito de atención primaria, e de centro hospitalario no sistema público de saúde de Galicia. Trátase dun dos decretos que conforma o desenvolvemento normativo da Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias xunto co decreto que regula o dereito ao exercicio da segunda opinión médica e o funcionamento do Rexistro Galego de Instrucións previas sobre os coidados e tratamento de saúde.

Por primeira vez, o decreto 55/2015 establece un sistema no que o paciente ten a facultade de elixir, no exercicio da súa autonomía de decisión, os profesionais sanitarios que atenderán a súa saúde e o hospital no que desexa ser atendido do seu problema de saúde novo.

A atención sanitaria deixa de estar vinculada ao domicilio pasando a ser decidida polos pacientes, segundo ás súas preferencias, quedando sempre a salvo os criterios de planificación sanitaria e de dispoñibilidade dos profesionais, para que a elección sexa factible e eficaz.

Así, tanto para a elección dos profesionais de atención primaria como para a elección do hospital, establécese o procedemento para a solicitude e tramitación, correspondendo a resolución á respectiva xerencia de xestión integrada.

También te podría gustar...