Máis de 1.600 alumnos en Valdeorras, preto de 18.900 en Ourense, inician o curso con normalidade

  • Preto de 18.900 alumnos e alumnas de infantil e primaria e educación especial inician o curso con normalidade nos 97 centros escolares da provincia de Ourense
  • Nos centros ourensáns de educación infantil están matriculados 5.790 alumnos e alumnas, 473 en Valdeorras
  • En primaria 12.942,  1.149 en Valdeorras
  • Valdeorras é, tras a comarca de Ourense, a que máis alumnado ten
  • O xoves, día 15, comezará o curso para os estudantes de secundaria e bacharelato

 

Divina Pastora (O Barco de Valdeorras) Inicio Curso 2016/ 2017

Divina Pastora (O Barco de Valdeorras) Curso 2016/ 2017

 

Na xornada de hoxe comezou o curso nos ciclos de educación infantil, primaria e especial para 18.863 alumnos e alumnas da provincia de Ourense. A matriculación en infantil cífrase en 5.790 escolares, mentres que en educación primaria son 12.942 No que atinxe a educación especial a provincia ourensá conta con 131 matriculados. Cómpre destacar que ditos datos, recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación, son provisionais e poden varíar ao longo do curso escolar.

Divina Pastora (O Barco de Valdeorras) Inicio Curso 2016/ 2017

Divina Pastora (O Barco de Valdeorras) Inicio Curso 2016/ 2017

 

 

Educación Infantil

Segundo os datos provisionais da Xunta de Galicia, 5.790 alumnos e alumnas de Educación Infantil comezaron hoxe o curso, fronte aos 7.970 matriculados o curso pasado, o que supón un descenso na matrícula do 2,4%, derivado da progresiva caída na natalidade.

A cidade das Burgas é onde se concentra un maior número de escolares cunha matrícula que ascende a 2.802 rapaces. Por tipo de centros, indicar que 3.808 alumnos están matriculados en centros públicos mentres que o resto, 1.982, cursarán en centros privados e concertados.

Comarcas
Total Educación Infantil
A Limia
324
A Limia Baixa
41
Allariz – Maceda
201
O Carballiño
425
O Ribeiro
187
Ourense
3.399
Terra de Caldelas
19
Terra de Celanova
170
Terra de Trives
50
Valdeorras
473
Verín
428
Viana
73
Totais Ourense
5.790

 

Divina Pastora (O Barco de Valdeorras) Inicio Curso 2016/ 2017

Divina Pastora (O Barco de Valdeorras) Inicio Curso 2016/ 2017

 

Educación Primaria

Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 12.942 alumnos e alumnas tamén comezaron as clases de educación primaria en Ourense. Desta cifra, 8.597 alumnos están matriculados en centros públicos, 4.231 en centros privados concertados e 114 en centros privados non concertados. A cidade das Burgas volve concentrar o maior número de escolares cunha matrícula que ascende a 4.659 rapaces.

Comarcas
Total Educación Primaria
A Limia
697
A Limia Baixa
115
Allariz – Maceda
500
O Carballiño
954
O Ribeiro
429
Ourense
7.447
Terra de Caldelas
40
Terra de Celanova
416
Terra de Trives
99
Valdeorras
1.149
Verín
961
Viana
165
Totais Ourense
12.942

No caso da educación primaria o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano pasado é do 14,3%, cifrándose en 354 escolares,75 menos ca o o curso 2015/2016.

Hoxe tamén comezaron as clases os 131 alumnos matriculados en educación especial, dos que 88 optaron por centros públicos e os 43 restantes por centros privados con concerto.

O primeiro día de curso coincide comezo do funcionamento dos servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.

También te podría gustar...