Libreta “Viana en Igualdade”

O Concello de Viana do Bolo, a través da Concellería de Servizo Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM), realizou a edición dunha libreta baixo o título “Viana en Igualdade

 

Trátase dun novo proxecto co que o Concello de quere mostrar e demostrar o seu compromiso por promover a igualdade real entre mulleres e homes

A libreta conta cun debuxo de Sonia Presas Rúa (“A Piolla”) e coa cita da escritora Josefina Aldecoa “Eduquemos na igualdade para non perder nin un só talento por falta de oportunidades

Este ano a libreta pretende representar a igualdade e a inclusión, non só de xénero, senón entre nenos/as de diferentes razas e condicións, resaltando a importancia da educación para acabar este obxectivo.

 

No interior da libreta podemos atopar referencias de interese no ámbito da promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero:

  • Teléfonos e páxinas web
  • Libros (infantís, xuvenís e adultos)
  • Películas e documentais (infantís, xuvenís e adultos)
  • Vídeos e curtametraxes (infantís, xuvenís e adultos)

 

O reparto das libretas á poboación en xeral realizarase mediante a participación activa das veciñas e veciños nunha campaña na que mostren o seu compromiso coa igualdade.

A campaña, ten por título “VianaEnIgualdade”, e comezou o pasado venres 14 de xaneiro a través dos perfís en Facebook e Instagram do CIM Viana, co obxectivo chegar ao maior número de persoas posible a través da Redes Sociais.

A libreta foi financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade e con fondos propios do Concello de Viana do Bolo.

También te podría gustar...