Lembramos que hoxe en Sobradelo preséntase un proxecto para reducir o pó de sílice organizado polo Cluster da Pizarra de Galicia
Lembramos que hoxe en Sobradelo preséntase un proxecto para reducir o pó de sílice organizado polo Cluster da Pizarra de Galicia.
Como xa informamos a semana pasada, hoxe presentase o proxecto encamiñado á eliminación do risco derivado da exposición ao po de sílice nas fábricas de lousa dentro deste sector en galicia e será o vindeiro día 10 do presente mes de decembro en Sobradelo de Valdeorras.
Esta xornada contará coa colaboración da Xunta de Galicia.
Organizado polo Cluster da Pizarra de Galicia, celebrarase a partir das 11:00h no Salón de Actos do Centro Tecnolóxico da Pizarra, sito en
Sobradelo de Valdeorras, segundo o indicado polo seu Presidente D. Víctor M. Cobo Arias.
O programa de esta presentación será o seguinte:
PROGRAMA
11:00h Inauguración
Dna. Mª José Mijares Coto. Subdirectora Xeral de Recursos Minerais. Consellería de Economía e Industria.
11:10h Ponencia
“Medidas adoptadas para a eliminación do risco derivado da exposición ao po de sílice na fábrica piloto de Os Gallos e estudo da aplicabilidade das mesmas ao resto de fábricas do sector da lousa”.
Presenta: D. Javier Iglesias Currás, Enxeñeiro Superior Industrial, Director de proxectos da empresa INTECO Ingeniería Avanzada S.L.
11:40h Ponencia
“Métodos de vangarda para optimizar a ventilación como elemento de loita fronte ao po en naves de lousa”.
Presenta: D. Javier Madera García, Doutor Enxeñeiro de Minas, Director Técnico do Instituto Nacional de Silicosis.
12:15h Debate-coloquio
12:50h Clausura
Dna. Mª José Mijares Coto.