‘La Unión’ no ‘Mid Season Festival’
- «La Unión» actúará en Ourense o vindeiro 15 de outubro, dentro do «Mid Season Festival»
- A Deputación de Ourense co-organiza o evento, que se celebrará no Pazo dos Deportes Paco Paz
A Deputación de Ourense co-organiza xunto a la10planta, o «Mid Season Festival», que terá lugar no Pazo dos Deportes «Paco Paz» o vindeiro sábado, 15 de outubro, no que actuará o grupo La Unión. Esta iniciativa pretende dinamizar e promover a vida social, a cultura e o entretemento entre os ourensáns e visitantes, combinando música en vivo, dj´s e mercadillo con gastro-zona.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirma que con este tipo de iniciativas, «o goberno provincial dinamiza o ámbito cultural da nosa provincia, neste caso a través da música, cun festival que despois da época estival pretende atraer a numerosos visitantes a Ourense para o goce dos concertos e da nosa gastronomía».
Ademais do grupo La Unión, tamén actuará, no marco deste festival o grupo ourensán Habitación Vudú, e o Dj´Isaac Torgal que amenizará cunha sesión especial 80´s. Na xornada os asistentes poderán gozar da gastronomía a través dos distintos postos de comida que haberá ese día na gastro-zona, xunto ao mercadillo, facendo do evento un espazo excelente para os que ata alí se acheguen.
Trátase dun exemplo máis do compromiso da Deputación de Ourense co mundo da cultura, que ao longo deste ano e no marco da ICC Week, trouxo a Ourense grupos nacionais de referencia como Love of Lesbian, ou a actuación no Teatro Principal do cantante, Iván Ferreiro. Así como, o apoio da Deputación de Ourense para o retorno de Os Resentidos, que de novo se subiron aos escenarios, concretamente no Teatro Principal, onde xunto aos xóvenes músicos da big band da Lira, ofreceron un concerto gravado en audio e vídeo para editar o seu novo álbum.Tamén o goberno provincial apoiou ao «grupo ourensán Los Suaves, que ofrecerán un concerto de despedida en Expourense, baixo o nome «El juicio final».