Julio Cortázar y Galicia

Nada bueno esperaba el mundo” Estas palabras do escritor uruguaio Eduardo Galeano sirvennós para coñecer un pouco mellor a Julio Cortázar ou quizaves estas otras: “aquella noche me dí cuenta de que yo era un cazador de palabras. Para eso había nacido. Esa iba a ser mi manera de estar con los demás después de muerto y así no se iban a morir del todo las personas y las cosas que yo había querido” (Galeano. La Biografía. Ediciones B)

 

Ó morrer  o noso autor a escritora Cristina Peri Rossi (1941) non foi o seu enterro e quizaves froito dese sentimento e desa inquedanza saliu a publicación de “Julio Cortázar y Cris” (Cálamo) un texto de cento corenta e sete páxinas en onde Rossi introdúcenos nas súas vivencias mais íntimas co escritor de Rayuela. “A veces se produce el encuentro entre dos grandes escritores y de esa conmoción surgen risas, relatos, poemas, cartas, viajes, diarios chispeantes y fascinación mutua. En la última década de su vida” París e Barcelona foron os escenarios e Julio Cortázar dedicoúlle quince poemas de amor a Cris e moitos anos despois da súa morte, Cris neste volume escribe a crónica de esa amizade amorosa irrepetible. Pero foron outros os que se acercaron á figura persoal e literaria deste gran autor. O Catedrático de Literatura Española na Facultade de Humanidades e CC. de la Comunicación (Universidad de Humanidades CEU Cardenal Herrera, Valencia) Miguel Herráez (Valencia -1957) e autor de “Julio Cortázar, el otro lado de las cosas” (2001 e edicións ampliadas en 2003 y 2004) o “Dos ciudades en Julio Cortázar” (2006 y edición argentina en 2010) acércanos de novo ao noso protagonista en “Julio Cortázar. Una biografía revisada” (Alrevés) onde recolle infinidade de datos da súa vida en cidades como París e Buenos Aires a partires dun coñecemento profundo da súa obra e ao pasar as súas páxinas lembrámonos de aquela excelente  entrevista realizada por Joaquín Soler Serrano no seu mítico programa “A Fondo” Pero vostedes  preguntaránse: ¿Por qué un medio en lingua galega ofrécenos, curiosamente, o Día das Letras Galegas un texto sobre un autor nacido en Bruselas de orixe arxentino chamado Julio Cortázar?  A resposta quizaves no-la da o poeta e narrador Francisco X. Fernández Naval (Orense 1956) cando fixo da curiosidade unha virtude e se puxo a traballar nas relacións entre Galicia e o noso autor. No “O Soño Galego de Cortazar” (Linteo) Premio Anxel Casal ao libro non ficción, anteriormente: “Respirar polo idioma. Os galegos e Julio Cortázar” Obra traducida ao castelán pola  Editorial Corregidor de Buenos Aires podemos atopar  moitas respostas a estas e outras preguntas. Foi no ano 2006 como escribe Fernández Naval cando Aurora Bernárdez (1920-2014) esposa do escritor cedía a Galicia o seu arquivo fotográfico e tamén o do escritor Julio Cortázar. Un patrimonio que actualmente está depositado no Centro Galego Das Artes da Imaxe (CGAI) encargado da súa custodia en conservación. Estamos falando do traballo de Naval dun volume con distintas notas aclaratorias e textos cedidos para esta edición de autores como Eva Veiga, Miguel Mato Fondo, Olalla Cociña entre outros autores.

                                                                                             BUENOS AIRES

Era a capital editorial da Literatura en Lengua Castelá. Dende as conversas que mantivo con Ramón Chao que podía ser un dos personaxes dos seus relatos. Foron moitos os que naceron fóra de Galicia pero tiñan unha relación  con ela. As circunstancias fixeron nacer a Lorenzo Varela na Habana, a Arturo Cuadrado en Denia  Alicante e a Luis Seoane en Buenos Aires, os tres chegaron a Galicia onde protagonizaron unha intensa actividade cultural interrumpida pola Guerra Civil. Os tres cadran en Buenos Aires onde se atopan con outros compañeiros e amigos, como Carmen Muñoz, Rafael Dieste, Suárez Picallo, Otero Espasandín entre outros. Pero foi no ano 1956 cando Aurora Bernárdez e Julio Cortázar chegan a España e despois a Galicia onde utilizan todo tipo de vehículos daquela época e mesmo existen imaxes dese período que figuran no legado antes mencionado. No ano 1968 Xosé Neira Vilas (Memorias dun neno labrego) coñece a Julio Cortázar. É unha das moitas persoas que ofrece material e conversas para que Fernández Naval poida face-lo seu traballo en torno a Vida Literaria de Cortázar. Na Habana Julio con Neiras Vilas entre outros fala do conto como xénero literario conferencia que logo será publicada como “Del cuento breve y sus alrededores” Tamén o intelectual Isaac Díaz Pardo lembra conversas nas que Luis Seoane falaba do seu amigo escritor. Pero ao falar de Cortázar falamos dun home cuns coñecementos asombrosos con referentes coma: Kafka, Heminway, Faulkner, Bates, Chesterton, Nerval, Wilde, D’Annunzio, Valéry, Homero, Shelley, Keats, Eliot, e o Jazz negro  que ao seu entender era o único xenuino. Semellante autor espertou moitos traballos en torno a toda súa Vida e Obra. Froito de ese traballos é a obra de Naval que neste dia Galego presentamos a vostedes. Foi no bienio 2006/2007 cando a iniciativa da profesora Soledad Pérez Abadín Barro fixo volver a actualiade a obra de Cortázar en Galicia dado o interese que os alumnos mostraban polos contos do escritor. E mais tarde a mesma profesora publicaría “Cortázar y el Che Guevara- Lectura de Reunión”  Tamén  Camilo Franco (1963) xornalista durante moitos anos foi o responsable de dar a coñecer esa faceta descoñecida no “Culturas” cando lle adicou a Cortázar un número especial baixo o título de: “La circunstancia gallega de Julio Cortázar” cunha entrevista a Aurora Bernárdez e un relato na páxina final, titulado: “No peto dunha americana” E tamén no ano 2006 Xavier Seone recibiu o encargo de preparar unha conferencia sobre a poesía do escritor arxentino. “Falamos dun home, Cortázar, moi culto, di Xavier en conversa con Fernández Naval” Ao que añadimos as palabras de Saúl Yurkievich (1931-2005, Julio Cortázar: Mundos y Modos) que nun Prólogo para Rayuela fala dunha novela talismán, novela iniciática, proposta existencial que aspiraba, potenciando o humano a cambia-la vida” E facemos nosas as verbas de César Vallejo: “Me moriré en París con aguacero, un día del cual tengo ya el recuerdo” Julio Cortázar naciú un 1914 en Bruxelas y morreu unha mañán chuviosa en París

 

Nota: Este artigo foi realizado con informacións de: Francisco X. Fernández Naval e Miguel Dalmau autor de: “Julio Cortázar. Biografia” (Edhasa) e “Aquellos años del boom. García Márquez, Vargas Llosa y el grupo de amigos que lo cambiaron todo” (RBA) www.edicioneslinteo.com

Artículo elaborado por Maria Parente y Roberto Carlos Mirás

Maria Parente y Roberto Carlos Mirás

También te podría gustar...