Juan Gil de Araujo, reelixido presidente da Acruaga

  • Juan Gil de Araujo, reelixido presidente da Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Acruaga)
  • Axunta directiva da entidade decidiu os seguintes pasos en formación e promoción conxunta que vai dar, entre os que salientaa participación na London WineFair de Londres

 

A Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Acruaga), constituida para dar cumprimento ao convenio suscrito entre o IGAPE e os cinco consellos reguladores vitivinícolas e o das indicacións xeográficas da augardente e dos licores tradicionales de Galicia para a promoción internacional dos produtos amparados baixo estes selos de calidade diferenciada, celebrou hoxe unha asemblea xeral no Pazo de Quián, en Boqueixón, para renovar o seu equipo de goberno.

Por unanimidade, decidiuse prorrogar os cargos actuais ata as vindeiras eleccións dos consellos reguladores. Así, Juan Gil de Araujo, presidente da D.O. Rías Baixas, seguirá sendo presidente da asociación, mentres que José Luis García Pando, presidente da D.O. Valdeorras, renovará como vicepresidente do organismo. Tras a asemblea xeral, en xunta directiva Acruaga, dirixida polo equipo reitor, decidíronse as seguinte saccións formativas, promocionais e informativas que desenvolverá, entre as que salientan a posta en marcha, no último trimestre do ano, do II Programa Superior en Dirección e Xestión de Empresas Vitivinícolas en cooperación coa Galicia Business School.

Ao igual que a primeira edición, esta nova quenda do programa persegue o obxectivo de favorecer a competitividade e a internacionalización das empresas vitivinícolas galegas e tamén do sector do augardente e dos licores tradicionais.

 
Participación na London Wine Fair

A Asociación de Consellos Reguladores do Viño, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, decidiu tamén hoxe proponer ao IGAPE a participación cun stand promocional conxunto na próxima London WineFair, o foro vinícola máis importantes de cantos se celebran no Reino Unido, no mes de xuño.

En paralelo, estudará a posible celebración dun acto promocional, tamén conxunto, en Lisboa, así como a posibilidade de promover unha misión inversa traendo aos diferentes territorios amparados galegos a xornalistas de prestixio relacionados co eido do viño e dos licores, e a outros prescritores.

Para todo isto, a entidade contará en 2022 con máis de 330.000 euros de orzamento, un presuposto que procede na súa meirande parte do IGAPE e que permitirá tamén acudir en 2023 a unha nova edición de Vinexpo, en París. 

Acruaga impulsa accións de formación e difusión dos produtos amparados polos seis organismos integrados na iniciativa: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

También te podría gustar...