IV edición da “Ourense Strade Termal by Ridley”

  • Aberto o prazo para inscribirse
  • O evento deportivo organizado polo Inorde disputarase o vindeiro 30 de maio, ofrecendo nesta ocasión un novo percorrido que levará aos cicloturistas a coñecer novas paisaxes dos concellos ourensáns de Entrimo, Lobeira, Bande, Calvos de Randín, Muíños e Lobios
  • Os interesados en participar poderán inscribirse desde hoxe a través da páxina web www.ourensestradetermal.com, ata chegar aos 300 participantes
  • A proba, que está dentro do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo, conta con dous percorridos: o gran fondo de 125 quilómetros e o medio fondo de 90 quilómetros

Saída da pasada edición da Ourense Strade Termal en Lobios

 

A IV edición da “Ourense Strade Termal by Ridley”, organizada polo Inorde e co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, abre o seu prazo de inscricións cun novo percorrido, debido ás limitacións de mobilidade, que levará aos cicloturistas a percorrer os concellos ourensáns de Entrimo, Lobeira, Bande e Calvos de Randín, así como Muíños e Lobios que xa forman parte da historia da proba. O evento deportivo, que se disputará o vindeiro 30 de maio, ofrecerá aos participantes a oportunidade de coñecer novos portos de montaña nun percorrido esixente con espectaculares paisaxes, todo elo dentro do Parque Nacional do Xurés-Geres.

Inscribirse 

Os interesados en participar nesta proba cicloturística, que se disputará o vindeiro 30 de maio, poden inscribirse desde hoxe a través da páxina web www.ourensestradetermal.com ata chegar a cubrirse as 300 prazas ofertadas. Ademais, para as 100 primeiras inscricións ou ata o 31 de marzo, o custe para participar na proba é de 39 euros; logo ascende a 44 euros ata o 16 de maio, e desde ese día ata o 25 de maio, o prezo da inscrición será de 49 euros.

Participantes da pasada edición da Ourense Strade Termal

 

A proba, que está dentro do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo, ofrece dous percorridos: o gran fondo de 125 quilómetros, e o medio fondo de 90 quilómetros. A saída e a chegada da proba estará situada no Concello de Lobios, no Balneario de Caldaria en Riocaldo.

También te podría gustar...