Iniciativas solidarias veciñais en Pantón

 

En febreiro do 2021 a Asociación de Veciños de Tuiriz con U, decidía facer unha recolecta solidaria para trasladar ás persoas do municipio que máis o necesitaran. Para coñecer as necesidades reais destas persoas e que o material aportado fora o máis adecuado posible, puxéronse en contacto con Servizos Sociais do Concello de Pantón. A iniciativa do pasado ano tivo moi boa aceptación e moitos veciños colaboraron a pesar das limitacións pola pandemia que había no municipio hai un ano.

 

Por este motivo a asociación decidiu de novo este ano facer outra colecta solidaria. A veciñanza interesada en colaborar debe achegou ao local social desta asociación veciñal produtos de alimentación non perecedoiros, produtos de hixiene e roupa de neno e de home, xa que estas foron as necesidades que máis detectaron desde Servizos Sociais do Concello. O material doado recólleno desde Servizos Sociais para distribuír entre quen máis o precise.

Agradecemos a colaboración do concello porque co asesoramento de servizos socais podemos facer unha recollida axeitada ás necesidades e a axuda repercute no noso entorno máis cercano. Na asociación somos 170 veciños e esperamos chegar este ano a 200, facemos actividades para dinamizar o pobo e sumar asociados, queremos traballar xuntos e axudar no que poidamos cando vemos necesidades

, sinalan desde a asociación.

También te podría gustar...