Iníciase o proceso “POR UN POBO PARA TOD@S E ENTRE TOD@S”, no que o BNG de Vilamartín recollerá as propostas dos veciños e veciñas para a concreción do programa para as eleccións locais

Asamblea aberta BNG en Vilamartín

 

Iníciase o proceso “POR UN POBO PARA TOD@S E ENTRE TOD@S”, no que o BNG de Vilamartín recollerá as propostas dos veciños e veciñas para a concreción do programa para as eleccións locais.

A través da Asembleas Abertas do BNG vilamartín que se desenvolverán polas diferentes localidades do concello levaranse a cabo coa seguinte orde do día:

  1. PROPOSTAS PARA INCLUÍR NO PROGRAMA ELECTORAL NAS ELECCIÓN LOCAIS 2015.
  2. ACHEGAS, DEMANDAS E PREGUNTAS DA VECIÑANZA; Á LISTA, AOS CANDIDATOS, DE COMO FUNCIONARÁ ESTE GRUPO DE TRABALLO, TODAS AS PREGUNTAS SERÁN RESPOSTADAS.
  3. PRESENTACIÓN, PROPOSTA E ELECCIÓN DE CABEZA DE LISTA E CANDIDATOS.

Como podedes comprobar trátase dunha apertura total da organización á sociedade, respostando a moitos veciños que ven como PP, Psoe e outras listas, fan e desfán a seu antollo sen ter en conta as opinións da veciñanza.

Ante a necesidade observada polo BNG de Vilamartín, de darlle a palabra á veciñanza, de implicar a todas as persoas que se queiran achegar. Ante necesidade de dispor de canais directos de comunicación e de establecer unha relación fluída co electorado, decidimos que será a veciñanza a que decida os puntos concretos do programa e quen decida quen encabeza a lista de Vilamartín.

Sabemos que esta fórmula de BNG- Asembleas Abertas será un éxito moi positivo para Vilamartín, que se axusta perfectamente ás nosas características, un pobo pequeño, pero con moita capacidade para traballar en común.

Vilamartín está acostumada a que PP e PSOE decidan sen contar moitas veces nin cos propios afiliados, e moito menos coa veciñanza, por esto decidimos abrir as portas.

Somos conscientes das capacidades e das necesidades do noso pobo, pero queremos máis, queremos unha veciñanza implicada, unha veciñanza que se sinta parte deste proxecto, integradas e integrados, unha veciñanza activa, porque esta será o motor para o futuro.

O PP, PSOE e Marcas Brancas do PP, queren ovellas que voten e non volvan até catro anos máis tarde, nós queremos veciños de igual a igual, non queremos peóns para a obra, queremos compañeiros para o traballo.

A primeira asemblea desenvolverase en Vilamartín NO LOCAL SANTA LUCÍA O SÁBADO 11 DE ABRIL ÁS 20:30h

También te podría gustar...