Informe sobre o comezo do curso dende CCOO Ensino Valdeorras
Segundo os datos facilitados por CCOO Ensino Valdeorras no comezo de este curso a LOMCE implántase en Valdeorras cun 15% menos de profesorado en primaria ademas de atoparnos con mais de 50 docentes afectados polo Concurso Xeral de Traslados só na comarca o que tradúcese en un comezo de curso certamente complicado o non dispoñer os centros de instruccións claras sobre a implantación da nova lei.
Os problemas xa comezaron en maio cando os centros tiveron que decidir sobre os libros de texto para o curso 2014-2015 sen que a consellería comunicase oficialmente cal era o procedemento a seguir.
Á carga que xa supón para os centros e o profesorado a nova lei, engádeselle os datos de diminución de profesorado nun 15% en primaria. Ademais, o 25% dos Mestres son itinerantes con 1 ou 2 centros. Só o 20% do profesorado de primaria e o 25% en secundaria que non ten destino definitivo, repite no mesmo centro con respecto o curso 13-14.
En secundaria, cabe destacar que segue en aumento o número de profesorado con materias afins, que para o vixente curso é do 50% dos adxudicados en setembro.
O paso do PCPI a FP Básica (FPB) deixa a comarca con 3 centros que incluen ensinanzas de FPB, para o curso 14-15, O Barco(1 FPB), A Rúa (1FPB) e Trives (1FPB). Unha oferta claramente insuficiente, tendo en conta que pasa a ser unha etapa de oferta obrigatoria e que deixa sen cobertura a varios centros de secundaria da comarca, que obrigará ao alumnado a desprazarse.
Estes datos, únense a incertidume que está a vivir o profesorado trala sentenza que obrigaba a consellería a rebaremar o Concurso Xeral de Traslados, e que a día de hoxe, non está resolto debido os recursos de apelación presentados polas partes. Na comarca de Valdeorras, terra de Trives e o Bolo os afectados directos son máis de 50.