Inaugúrase a IX Semana cultural da Asociación de amigos Vía da Prata de Ourense
Nava Castro inaugura a IX Semana cultural da Asociación de amigos Vía da Prata de Ourense.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou onte a IX Semana Cultural da Asociación de Amigos Vía da Prata de Ourense, que terá lugar ata mañá venres 24 de outubro.
Ao longo dos tres días que dura a iniciativa diversas conferencias tratarán sobre San Famiano, o patrono dos peregrinos; o sentido antropolóxico da peregrinación e os seus mitos e lendas. Así mesmo, ás conferencias temáticas e ao habitual concurso fotográfico, este ano súmase o inicio dunha serie de homenaxes aos alcaldes dos concellos ubicados no Camiño da Vía da Prata, un total de 25.
Así, os de Puebla de Sanabria, Lubián e A Gudiña serán os primeiros en recibir este recoñecemento ao seu traballo a favor do camiño.
Durante o acto a directora de Turismo de Galicia destacou a intensa actividade e de gran interés que realizan todas as asociación de amigos do Camiño das que afirmou “son un piar básico no desenvolvemento e difusión do Camiño de Santiago pola súa labor cultural e o seu traballo altruísta a prol da potenciación e mellora das Rutas Xacobeas”.