Inauguración da exposición de Nadal 2014-15 da Galería de Arte “Art Cuestion” co apoio do CRDO Ribeiro
Inauguración da exposición de Nadal 2014-15 da Galería de Arte “Art Cuestion” co apoio do CRDO Ribeiro será o vindeiro xoves 18 de decembro e finalizará o xoves 15 de xaneiro de 2015, levando por título “Explosión de cores”.
A Galería de Arte “Art Cuestion” está sita en Santa Cristina de Vilariño s/n, 32711 Pereiro de Aguiar. A súa inauguración, o 18 de decembro, conta co apoio do CRDO Ribeiro e da Fundación “Joaquín Balsa” e consiste nunha cata-maridaxe de arte contemporáneo, viños e música.
A este evento acudirá o presidente do CRDO Ribeiro, don Miguel Ángel Viso Diéguez, así como o enólogo don Iván Vazquez Pateiro. Como comisaria da exposición actuará dona Susana de la Gala, doutora en Antropoloxía Social e Cultural pola USC, presentando a obra dos artistas e a exposición.
Os eventos cata-maridaje non só están de moda: permiten unha visión transversal da Cultura con capitulares, da humana creación, incluíndo o viño neste concepto. Non en balde, cultivar e cultivarse teñen unha raíz gramatical común e comparten entre si ese afán de mellora e ese gusto polo goce da contorna e do ecosistema.
O espazo onde se desenvolve a cata-maridaje rodea o embalse de Velle, próximo a Ourense capital, onde as viñas producen un excelente viño de mesa.
Non afastada, a comarca Ribeiro distinguiuse polos seus finos viños desde a antiguedade. As bases do CRDO Ribeiro póñense en 1931 e desde entón se revolucionaron as técnicas e os sabores.
Os artistas participantes son Joao Alexandre, Adao Cruz, Eduardo Díez, Joaquín Mateo, Óscar Guerrero, Felipao (Felipe García Bañón) e José Ramón Sala.
A inauguración desta exposición é o xoves 18 de decembro de 2014 ás 18 horas. Presentáranse os artistas e a exposición ata as 18:30.
A esta hora, 18:30, falarán don Miguel Ángel Viso Diéguez e don Iván Vazquez Pateiro, polo CRDO Ribeiro, e iniciaráse a cata.
Ás 19 horas cantará o tenor Domingo Vicente, que integra a “Coral da Ruada”, co acompañamiento do seu pianista habitual.
Serviránse pinchos e degustaránse viños brancos e tintos DO Ribeiro ata o peche, ás 22 horas.
Este evento vai ter difusión nas RRSS, e en particular Twitter, dende as contas @fundacionbalsa @artcuestion e @buenvinogallego co hashtag #ArteyRibeiro.