Iluminación de Nadal 2020 en Monforte: increméntase unha vez máis o número de rúas con arcos e o número de luces de LED´s
- O Concello asume un ano máis o alumeado de Nadal para axudar ó Comercio e á Hostalería
- O próximo venres día 4 de decembro, as 7 da tarde, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por varios Concelleiros do Equipo de Goberno, acenderá oficialmente a iluminación de Nadal 2020
- Este ano 2020, increméntase unha vez máis o número de rúas con arcos de Nadal, pasando de 62 a 64 rúas, 2 máis que no ano anterior, e o número de arcos pasará de 160 a 177, aumentando en 17 arcos, o que supón un 10,6% máis que en 2019. Ademais, aumentan tamén o número de luces de LED´s instaladas en máis de 2000, pasando de 30.179 a 32.372 luces
- O Concello considera que instalar este ano o alumeado de Nadal é unha boa maneira de axudar ó Comercio e á Hostalería, animando ós monfortinos e veciños dos concellos limítrofes a saír da casa e a mercar nos establecementos monfortinos, contribuíndo á dinamización económica
O próximo venres día 4 de decembro, as 7 da tarde, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por varios Concelleiros do Equipo de Goberno, acenderá oficialmente a iluminación de Nadal 2020.
Nun ano tan difícil para todos, especialmente para sectores importantes para a nosa economía, como son o Comercio e a Hostalería, o Equipo de Goberno do Concello, a proposta do Alcalde, acordou instalar arcos de alumeado de Nadal, cunha intensidade similar ó das pasadas festas navideñas, con algunhas variacións que o farán máis atractivo.
O Concello considera que instalar este ano o alumeado de Nadal é unha boa maneira de axudar ó Comercio e á Hostalería, animando ós monfortinos e veciños dos concellos limítrofes a saír da casa e a mercar nos establecementos monfortinos, contribuíndo á dinamización económica.
Seguindo coa decisión do actual Alcalde de levar as luces de Nadal a todos os barrios de Monforte, este ano mantense ese compromiso para que todos os veciños e veciñas da cidade teñan cerca das súas casas algún arco luminoso que estimule o sentimento navideño.
Nos dous últimos anos tivo moito éxito a Estrela da Praza de España, pero este ano, por vontade do Alcalde, quixemos darlle un novo significado, instalando un alumeado que simboliza un regalo para todos.
O Alcalde destaca que “dende o Concello desexamos que, despois de todos os problemas que nos trouxo a pandemia do Covid-19, este arco-paquete-regalo, que simbolice unha nova esperanza e unha nova ilusión para o vindeiro ano 2021. Un ano que veña cheo de alegría e de oportunidades para todos, e que nos regale saúde, normalidade e progreso económico para todos, deixando atrás o pesadelo da pandemia do Covid-19”.
Este ano 2020, increméntase unha vez máis o número de rúas con arcos de Nadal, pasando de 62 a 64 rúas, 2 máis que no ano anterior, e o número de arcos pasará de 160 a 177, aumentando en 17 arcos, o que supón un 10,6% máis que en 2019.
Deste xeito, aumentan tamén o número de luces de LED´s instaladas en máis de 2000, pasando de 30.179 a 32.372 luces.
Ademais das 64 rúas iluminadas, tamén estarán adornadas a Torre da Homenaxe, a praza de España, o Campo de San Antonio, a praza de Carude, a praza dos Chaos e a praza da Estación, e 7 letreiros de “Bo Nadal” ubicaranse nas entradas á cidade de Monforte.
Este ano tamén será adornado coa Estrela de Nadal, o cedro que se atopa entre a praza das Casitas e a explanada da Compañía, coma unha guía cara un ano mellor.
A decoración navideña, un investimento
O rexedor monfortino apunta que “o noso desexo é que todos os veciños sintan o espírito do Nadal durante estas datas tan sinaladas, por iso, imos levar un ano máis a iluminación navideña a todos os barrios de Monforte. Este ano, os arcos desprenderán unha luminosidade máis intensa que o pasado Nadal”.
O rexedor engade que “consideramos que a decoración navideña nas rúas é un investimento moi útil para o comercio así como para o conxunto da nosa economía, xa que nos beneficia a todos”. José Tomé Roca apunta tamén que “en definitiva, o noso obxectivo é fomentar que as compras destas datas tan especiais, se realicen na nosa cidade. O compromiso deste Equipo de Goberno sempre foi chegar coa iluminación navideña a todas as zonas do municipio e nesa liña seguimos traballando”.
O mandatario local explica que “as rúas máis comerciais terán un maior número de arcos, porque é nas que de seguro haberá unha maior presenza de xente para realizar as súas compras de Nadal”.
As arcas municipais destinan este ano un orzamento de 28.000 euros ás luces deste Nadal, que son 1.000 euros máis que en 2019. A cifra representa un 3,7% máis do que se investiu o pasado ano 2019.
A empresa monfortina Iluminaciones Fernández é a encargada da colocación destas luces, co obxectivo de axudar a manter o emprego e a actividade económica dunha pequena empresa de Monforte.