III Romería da Malla en Punxeiro (Viana): o proceso da sega do pan, unha “carreira de carretillas”, “lanzamento de aixadón” e comida campestre popular

  • Haberá un campeonato de xogos populares de “rá” e “chave”, música e actividades que implicarán de cheo a veciños e visitantes

Mañana sábado, 6 de agosto, celébrase en Punxeiro, localidade de Viana do Bolo, a III Romería da Malla, unha iniciativa que exalta as labores tradicionais agrícolas e, ó  mesmo tempo, que supón unha forma de transmitir ós maís novos  as tradicións rescatando tamén xogos populares e unha forma de vida que marcou o pasado e trazou o presente.

O programa contempla diversas actividades que implicarán de cheo a poboación e os visitantes ademáis de proporcionar belas estampas que permitirá retornar a Punxeiro a outra época. Así, as 9,00 horas da mañá, comenzará a sega do pan na leira á que seguirá o atado dos mollos e o almorzo na leira. Despois, levarase a cabo a carga e atado dos carros. Vivirase o proceso como no pasado recreando unha das tarefas que traerá á memoria do pobo tempos pasados.

Ás 14.00 horas haberá unha comida campestre (embutidos, empanada, carne ao caldeiro, patacas, xeado, bica, café, bebidas e queimada, todo iso por un prezo de 15 euros por persoa.

As 17.00 horas terá lugar a descarga do carro e malla do pan na aira e a confección do palleiro.

As 20.00 horas será ó turno da música cunha actuación dunha charanga. Tamén haberá unha singular “Carreira de carretillas” e un  “Lanzamento de aixadón”.

Este ano tamén se celebra o primer campeonato de xogos populares, concretamente de “rá” e “chave”. O premio será un xamón.

A III Romería da Malla está organizada por o  Centro de Animación Cultural Punxeiro coa colaboración do Concello de Viana e a Sociedade Antropolóxica Galega.

Cartel

Cartel

 

 

También te podría gustar...