III “Gladiator Race”: aberto o prazo para inscribirse

  • Os interesados en participar poden anotarse neste evento deportivo organizado polo Inorde co apoio de Turismo de Galicia, que terá lugar o 22 de outubro en Muiños

O Inorde organiza, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, a terceira edición da “Gladiator Race” que abre o seu prazo de inscrición para que poidan anotarse nesta proba que desafiará aos mellores corredores do ámbito nacional-

A “Gladiator Race” volve a nosa provincia e faino cun formato único en España neste 2022, ofrecendo aos participantes un percorrido de 5 quilómetros e con máis de 25 obstáculos que inclúen subir por pirámides, zonas de equilibro, probas de forma e moitas aventuras máis. E, todo elo, desenvolverase no complexo turístico do Corgo, en Muíños, en pleno corazón do Parque Nacional do Xurés.

O evento, que xa foi todo un éxito no 2021, celebrarse o vindeiro 22 de outubro en horario nocturno, a partir das 20.00 horas, polo que os participantes estarán obrigados a levar frontal luminoso xa que o 90% do percorrido estará sen iluminar. Trátase dunha experiencia que está aberta a todo tipo de público e que se poderá disputar de xeito individual ou por equipos de mínimo 5 integrantes.

Os interesados en participar poderán anotarse da través da páxina web: https://www.deporticket.com/web-evento/7667-gladiator-race-night-edition

Para máis información sobre o evento: www.gladiatorraceoficial.es

 

También te podría gustar...