‘II Xornada de Cirurxía da Hernia Inguinal en Directo’, o CHUO comparte a súa experiencia como referente
- O C.H. Universitario de Ourense comparte súa experiencia como referente na ciruxía laparoscópica da hernia inguinal
- O Servizo de Cirurxía do CHUO organiza a II Xornada de Cirurxía da Hernia Inguinal a que acoden cirurxáns de toda Galicia
- Os Servizos de Cirurxía dos hospitais de Ourense e Valdeorras son referencia en Galicia desta intervención por vía laparoscópica
Cirurxáns e especialistas en formación de toda Galicia reunironse hoxe, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, para asistir a “II Xornada de Cirurxía da Hernia Inguinal en Directo”, que lles permitíu presenciar, en tempo real e interactuar cos cirurxáns en quirófano, as últimas técnicas cirúrxicas aplicadas a esta patoloxía por vía laparoscópica, abordaxe no que Ourense é referencia a nivel galego, sendo os hospitais de Ourense e Valdeorras os centros decanos na aplicación destas.
A Hernia Inguinal é unha das hernias mais comúns, e dos procedementos cirúrxicos mais habituais nos Servizos de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, debido a súa alta prevalencia, especialmente en homes. A hernia inguinal consiste na protusión ou abultamento localizado na rexión inguinal, debido ao debilitamento ou ruptura da parede abdominal, que provoca o desprazamento dun órgano ou tecido fora da cavidade ou estrutura que o contén. En Ourense, realízanse anualmente ao redor de 400 intervencións. O 50% desde o CHUO.
Avance das técnicas cirúrxicas
Seu tratamento é sempre cirúrxico, e salvo complicacións (estrangulamento ou incarceración) que indiquen súa intervención urxente, esta realizase sempre de xeito programado. O avance das técnicas cirúrxicas rexistradas nos últimos anos, fan posible que as operacións sexan cada día menos agresivas, grazas ao emprego de próteses ou mallas que reforzan a parede abdominal, sen afectar ao plano muscular, posibilitando que podan ser realizadas nun corto espazo de tempo e sen necesidade de ingreso previo ou posterior. De feito, no CHUO entre o 60 e 70% dos casos son operados na unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria e os pacientes poden irse a súa casa ese mesmo día.
Ademais, Ourense conta cunha ampla traxectoria e experiencia na intervención de hernias inguinais por vía laparoscópica, técnica que o Servizo de Cirurxía do CHUO ven aplicando de xeito habitual desde 1998, e na que acumula unha ampla experiencia, con mais de 1.000 casos atendidos. De feito, os servizos de cirurxía de Ourense e Valdeorras son referentes a nivel Galicia nesta técnica, aínda pouco estendida no resto de Galicia.
Intervencións por vía laparoscópica
A dificultade de implantación das técnicas laparoscópicas derívase da súa complexidade e necesaria experiencia para adquirir destreza. Por elo, iniciativas como a de hoxe, permiten dar un importante pulo a formación neste tipo de abordaxe cirúrxico, ao facilitar o seguimento en tempo real da operación, desde unha sala multimedia, plenamente conectada aos quirófanos, superando as barreiras do campo visual dunha mesa cirúrxica, coa posibilidade de interactuar cos cirurxáns, plantexar dúbidas e seguir as explicacións de cada técnica paso a paso.
Esto é posible grazas a capacidade tecnolóxica da área cirúrxica do CHUO, que conta con dous quirófanos integrados ou “intelixentes”, con conectividade audiovisual de alta resolución, co que o campo operatorio é visible en tempo real, cunha altísima calidade de imaxe, e onde hoxe se desenvolveron e retransmitiron, de xeito simultáneo, tres intervencións
Vantaxes de aplicación da técnica
As vantaxes das intervencións por vía laparoscópica, ou minimamente invasivas, son que reducen as complicacións da cirurxía tradicional e doutra banda, ao evitar a apertura do abdome, acurtan notablemente o tempo de recuperación do paciente, e o o risco de complicacións postoperatorias, así como a dor postcirúrxica, xa que tan só e preciso realizar tres pequenas incisións.
No marco da xornada, esta mañá realizáronse tres operacións en directo de Hernia Inguinal. Á tarde, será o tempo para, en mesa redonda, afondar naquelas controversias suscitadas en quirófano, como as indicacións das distintas opcións técnicas, resultados, complicacións e protocolos de actuación.
As intervencións e o debate posterior correrán a cargo de José Manuel Domínguez Carrera, do Servizo de Cirurxía do CHUO e coordinador da xornada, e de Juan Bellido Luque, do Hospital de Huelva, e Javier Aguirrezabalaga González, do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.