II edición da Pasarela de moda «Calpurnia-As Burgas»
- Rogelio Martínez asiste en Ourense á II edición da Pasarela de moda «Calpurnia-As Burgas»
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presenciou os actos programados na segunda edición da Pasarela Calpurnia-As Burgas 2015 que se celebrou onte a tarde noite no entorno monumental das Burgas da cidade ourensá. A Dirección Xeral de Comercio colabora neste evento, organizado pola Federación de Comercio, que pretende proxectar a cidade como capital da moda e as compras