I Xornadas Dependencia e construción da autonomía en Viana do Bolo

asistentes

 

Onte xoves, 26 de marzo, celebráronse as «I Xornadas: Dependencia e construción da autonomía«; xornadas divulgativas e de intercambio de experiencias sobre diversidade funcional e dependencia.

Ditas Xornadas partiron do Departamento de Servizos socioculturais e á Comunidade, en concreto, do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, do IES Carlos Casares (Viana do Bolo).

Contaron coa colaboración do Colexio de Educadoras/es Sociais de Galicia; a Rede EUSUMO e a Escola de Tempo Libre Universitaria do Campus de Ourense.

Estas xornadas naceron como unha tentativa de achegar, ao alumnado e público en xeral, a diversas perspectivas e áreas de intervención no eido da dependencia.

Xornadas

 

Así, relatáronse diversas experiencias vencelladas coa realidade sociolóxica de persoas con enfermidades crónicas e dexenerativas; o valor terapéutico do deporte inclusivo (como o Proxecto «Xogamos tod@s»); modelos emerxentes de intervención en contextos residenciais e a economía social como alternativa de autoemprego.

Lucía Pérez Plaza; Millán Brea Castro; Dani Diéguez ou Jorge Lamas foron alguns/has dxs implicadxs ponentes, entre quenes a Educación Social está moi presente.

É de destacar tanto o interese das ponencias como o fomento do debate, o intercambio de experiencias… Así como a gran afluencia de persoas que acudiron ás mesmas.

Máis información sobre o transcurso das mesmas, ponentes…:
https://www.facebook.com/pages/I-Xornadas-Dependencia-e-construci%C3%B3n-de-autonom%C3%ADa/286339814823111?fref=ts