I Premio de xornalismo ‘Pioneiros da pizarra’ sobre o sector da pizarra en Galicia

O Clúster da Pizarra de Galicia, coincidindo co décimo aniversario da súa creación, convoca a I Edición do Premio de Xornalismo ‘Pioneiros da Pizarra’ sobre o sector da lousa en Galicia. O certame está dirixido a seleccionar e recoñecer o mellor traballo xornalístico publicado ou emitido en prensa impresa e dixital, radio ou televisión, que difunda o valor da industria da lousa en Galicia.

 
BASES DA CONVOCATORIA

O sector da pizarra é un dos máis importantes actividades económicas en diferentes áreas de Galicia e contribuíu dunha maneira activa e comprometida ao seu crecemento e desenvolvemento consolidándose como un sector estratéxico da comunidade autónoma.

Nas últimas décadas, as empresas que integran o Clúster da Pizarra abordaron unha importante transformación, incorporando procesos produtivos innovadores, máis eficientes e respectuosos cos recursos naturais, que fan dela unha industria comprometida co futuro e coa sustentabilidade e o respecto ao medio natural, de acordo cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 de Nacións Unidas.

O Clúster da Pizarra de Galicia é a entidade encargada de representar os intereses do sector da lousa deste material, difundindo o seu potencial como dinamizador económico e os avances tecnolóxicos que a converten nunha importante actividade para o futuro laboral e empresarial 
de Galicia, así como nun referente a nivel internacional.

OBXECTIVOS

Conscientes de que os medios de comunicación poden desempeñar un papel importante na protección e promoción do patrimonio e da industria galegas e da súa capacidade para transmitir, formar e documentar contribuíndo a dar a coñecer a nosa tradición, así como as características, particularidades e avances producidos no noso sector, promovendo información de alta calidade.

Nesta convocatoria convídase a participar a calquera medio de comunicación, produtora ou xornalista freelance que desenvolvese durante os últimos 12 meses, no exercicio da súa profesión, algunha peza relacionada co sector da lousa galega.

CANDIDATURAS

Estes Premios están abertos a todos os traballos xornalísticos publicados ou emitidos entre o 30 de setembro de 2020 e o 30 de setembro de 2021 en medios galegos ou estatais que teñan como temática principal aspectos relacionados co sector da lousa desde o punto de vista empresarial, social, socioeconómico ou da investigación directamente relacionada con este material construtivo.

Poderán presentarse informacións, reportaxes, entrevistas, documentais e artigos publicados ou emitidos en radio, televisión, prensa escrita ou en medios dixitais, que non fosen premiados ou galardoados noutro certame.

A persoa ou persoas que opten a este premio deberán ser titulares dos traballos presentados. No caso de detectarse a infracción dos dereitos de propiedade intelectual por parte dalgún participante nesta convocatoria, o material presentado será automaticamente excluído do concurso.

Os traballos deben publicarse ou emitido en prensa escrita, dixital ou audiovisual e poden presentarse en galego, castelán ou nalgunha das outras dúas linguas oficiais do Estado, nese caso debe achegarse a tradución ao castelán.

Os traballos poden presentarse directamente polo xornalista ou autores, a editorial ou o medio que o publicou. Tamén poden ser presentados por parte de terceiras persoas ou institucións que o consideren oportuno sempre que conten co consentimento previo do seu autor ou autores.

Os xornalistas ou entidades cuxos traballos sexan premiados ou finalistas autorizan a súa reprodución, respectando as fontes de orixe.

A participación neste Premio implica a total aceptación das bases e o fallo do xurado.

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN

O prazo límite de entrega de traballos será o 15 de outubro de 2021. Non se terán en conta aquelas candidaturas presentadas con posterioridade ao prazo sinalado. 

Os traballos remitiranse acompañados da certificación da súa emisión ou publicación no medio de comunicación correspondente ou na súa falta dunha declaración responsable subscrita polo candidato na que manifeste que o traballo foi publicado na forma e data indicadas.

Os participantes achegarán un breve Currículo (que non será criterio avaliable), xunto aos seus datos de contacto (correo electrónico, enderezo e teléfono) a algún dos seguintes enderezos:

Enderezo postal
Centro Tecnolóxico da Pizarra
32330, Sobradelo de Valdeorras. Ourense
Indicando: Premio de construción con lousa

Correo electrónico
comunicacion@clusterdapizarra.com (Asunto: Premio de Construción con lousa)

FORMA DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

a) Para os traballos en medios impresos: presentarase un exemplar da publicación en formato dixital PDF.
b) Para os traballos publicados en medios dixitais: achegarase PDF do traballo, así como a ligazón á publicación.
c) Para os traballos de radio: presentaranse en arquivo dixital MP3/CD/USB, indicando o programa, a cadea e a data de emisión.
d) Para os traballos de televisión: presentarase en arquivo dixital e en formato MP4/DVD/USB, indicando tamén a identidade do xornalista, programa, a cadea e a data de emisión.

O XURADO

O xurado do Premio de Xornalismo ‘Pioneiros da Pizarra’ convocado polo Clúster da Pizarra de Galicia estará presidido por Víctor Cobo, presidente do Clúster (con voz e sen voto), e profesionais dos medios.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Para a designación do traballo premiado, o xurado da I Edición de Xornalismo do Clúster da Pizarra terá en conta os seguintes aspectos: 

– A calidade xornalística: redacción, rigor no tratamento da información, fontes consultadas, etc.
– A achega dunha visión positiva e construtiva sobre do sector da lousa en Galicia e a súa contribución á sociedade, a economía ou a empresa, a construción, etc.
– A repercusión da súa publicación ou emisión a nivel rexional, autonómico e/ou nacional.

E dunha maneira máis detallada:

– O rigor no tratamento da información que deberá ser sexa veraz, obxectiva e o máis completa.
– A redacción nos medios escritos (artigo, reportaxe, informe de investigación, etc.) e a linguaxe empregada no caso dos medios audiovisuais. (A lingua de orixe non será un criterio avaliable).
– A orixinalidade da presentación do tema abordado.

PREMIO

A convocatoria do Premio ‘Pioneiros da Pizarra’ ao mellor traballo xornalístico sobre o sector da lousa en Galicia publicado en medios de comunicación terá carácter anual. 

Este primeiro ano concederase un único premio dotado con 1.000 euros.

O xurado, previa deliberación, acordará a concesión do Premio en atención á calidade dos traballos presentados. Así mesmo, poderá declarar o Premio deserto. En todo caso, o seu fallo será inapelable e quedará reflectido na acta correspondente.

DATA E LUGAR DA ENTREGA DO PREMIO

O xornalista galardoado será convocado con antelación suficiente ao acto de entrega do premio, debendo comprometer a súa participación no acto. A non asistencia -sen xustificación- ao acto de entrega do premio suporá a renuncia ao mesmo.

AUTORIZACIÓN DOS DEREITOS DE IMAXE 

De conformidade coa Lei 15/99, os datos persoais dos rexistrados pasarán a formar parte dun ficheiro informatizado responsabilidade do Clúster da Pizarra de Galicia cunha finalidade meramente informativa. 

Igualmente, a documentación presentada ao Premio non será devolta e o Clúster resérvase o dereito a utilización da documentación, co recoñecemento expreso da autoría do/a seu/súa lexítimo/a propietario/a, podendo ser publicada e exposta a criterio da mesma.

A inscrición a este Premio supón a aceptación de todos os puntos aquí recollidos

También te podría gustar...