I Mostra de Teatro Afeccionado en Viana do Bolo
Patrocinado polo Concello de Viana do Bolo e a Caixa Rural Galega, vanse a celebrar entre os vindeiros días 1 e 3 de agosto, a I Mostra de Teatro Afeccionado de esta localidade.
Nestes tres días, pasarán pola Casa da Cultura de Viana do Bolo tres agrupacións teatrais de afeecionados que seguro que fan as delicias dos asistentes.
O primerio día, o venres 1 de agosto participará La Caja de Pandora coa obra ‘Perseguindo un soño’, que veñen desde Verín. O sábado día 2, participará Xoré Teatro, coa obra ‘O Segredo de Uxía0, que veñen dende Padrón . O derradeiro día, o domingo día 3, participará a Asociación Candea, coa obra ‘Xulia e Os Pérez’, formación de Viana do Bolo.
Sen dúbida unha interesante oferta cultural para comezos do mes que ven.
A entrada será un donativo de dous euros por función.