Hoxe comeza a reforestación da zona da Reza
Alumnos do Colexio Manuel Respino prantarán 30 especies autóctonas de ribeira.
Hoxe martes, a partir das once da mañá, comezaron os traballos de reforestación da zona da Reza, con motivo da celebración do Día Internacional dos Bosques o pasado sábado. Os alumnos do Colexio Público Manuel Respino prantarán 30 árbores, todas elas de especies autóctonas de ribeira.
A financiación destes traballos correrá a cargo da Consellería de Medio Rural e do Mar e da Consellería de Medio Ambiente.
Director Xeral de Enerxía e Minas
O vindeiro mércores, 25 de marzo, realizará unha visita oficial á Rúa o Director Xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces. A partir das 13 horas, e acompañado polo alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal, supervisará as obras realizadas no Polígono Industrial das Pedreiras e, posteriormente, visitará a empresa do sector da automoción Autoneum.