HCV: empeora o servizo de traslados de enfermos graves a Ourense
- Empeora en agosto o servizo de traslados de enfermos graves a Ourense por falta de persoal para a uvi móbil
A central sindical ven de facer publico o empeoramento do servizo de transporte urxente de enfermos graves en UVI móbil dende o hospital de Valdeorras cara os hospitais de referencia. Se o mes pasado a ausencia de persoal médico de garda para realizar estes traslados durante 11 días fixo que se posicionasen os partidos políticos da oposición do parlamento galego pedindo solucións, este mes de agosto a situación empeora aínda máis, pois dende o día 9 ao día 15 repítese a situación do mes anterior, tendo que vir persoal dende Ourense a buscar aos enfermos, e a partir do día 15 segundo nos refiren facultativos de urxencias, nin consta nos partes de garda que este servizo vaia ser dado dende Ourense, percíbese por tanto a sensación dun total e absoluto abandono dos pacientes do noso distrito.
Como se tiña advertido, xa se deron situacións de 7 horas de espera dun enfermo grave para ser recollido e trasladado a Ourense: téndose referenciado un caso de paciente que ten solicitado traslado urxente ás 10,30 horas da mañá e foi recollido para o seu traslado as 17,15 horas da tarde por unha profesional que antes debeu rematar a súa quenda ordinaria de traballo.
Estanse a dar situacións de espera de horas en pacientes críticos, ou con severas patoloxías como hemorraxias dixestivas, infartos agudos de miocardio, contusións medulares etc, que en ningún caso son tolerables e que implican a posibilidade de consecuencias irreparabl