“Grupos de Monforte. Concertos na rúa”

  • O Alcalde reúnese cos grupos musicais de Monforte para ultimar a súa participación no Verán Cultural do Concello
  • José Tomé Roca, presidiu no Salón de Plenos a xuntanza cos representantes dos grupos que protagonizarán o ciclo “Grupos de Monforte. Concertos na rúa”, un novidoso programa de actuacións que terán lugar nos meses de agosto e setembro e que é “unha aposta decidida do Concello por dar visibilidade e poñer en valor ós nosos grupos musicais”
  • O Alcalde explicou ós asistentes os últimos detalles do programa de actuacións, que terá lugar en 3 espazos da cidade, como son a praza de España, a zona da Compañía e a praza da Estación, e anuncioulles “que contarán cunha boa produción para que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”
  • Os representantes dos diferentes grupos agradeceron ó Alcalde a iniciativa “porque da visibilidade ós grupos da cidade, moitos dos cales non son coñecidos polos propios monfortinos”

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o responsable de Music Soft, Alberto Espín, reuniuse cos grupos musicais monfortinos que protagonizarán parte do programa do Verán Cultural do Concello.

Así, acudiron ó Salón de Plenos do Concello os representantes dos grupos musicais que protagonizarán o ciclo “Grupos de Monforte. Concertos na rúa”, un novidoso programa de actuacións que terán lugar nos meses de agosto e setembro e que é, en verbas do Alcalde, “unha aposta decidida do Concello por dar visibilidade e poñer en valor ós nosos grupos musicais da cidade”.

A xuntanza serviu para que José Tomé explicara ós asistentes os últimos detalles deste programa de actuacións, incluído no Verán Cultural de Monforte, que terá lugar en 3 espazos da cidade, como son a praza de España, a zona da Compañía e a praza da Estación, e anuncioulles “que contarán cunha boa produción para que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”.

Este ciclo de concerto é “unha aposta decidida do Concello de Monforte polos grupos monfortinos, para dar a coñecer a súa creatividade e as súas propostas en diferentes estilos musicais tanto ós nosos veciños como ás persoas que nos visitan”, sinalou o Alcalde. “En definitiva, o noso obxectivo é poñer en valor ós grupos musicais da cidade, incluíndoos no Programa do Verán Cultural e das Festas Patronais, e dándolles así o recoñecemento que merecen”.

Neste senso, os representantes dos diferentes grupos agradeceron ó Alcalde a iniciativa

porque da visibilidade ós grupos da cidade, moitos dos cales non son coñecidos polos propios monfortinos.

 

Programa de actuacións

O Alcalde sinalou que por un imprevisto de última hora, o grupo The Poet Silence, que tiña prevista a súa actuación o xoves 1 de setembro na praza da Estación, finalmente non poderá actuar e o seu substituto será o grupo Bella Chaos.

O programa de concertos, todos gratuítos para o público asistente, é o seguinte:

Luns 8 de agosto: CERO2CERO na Zona Compañía ás 22:30h

Luns 8 de agosto: COOL FLANDERS na Zona Compañía ás 00:00h

Martes 9 de agosto: LOS JINETES DEL TRÓPICO na Praza de España ás 23:00h

Martes 23 de agosto: DINOSAURIOS na Praza da Estación ás 22:30h

Martes 23 de agosto: DOC MAGOO’S na Praza da Estación ás 00:00h

Mércores 24 de agosto: PENNY LANE na Zona Compañía ás 22:30h

Mércores 24 de agosto: MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES na Zona Compañía ás 00:00h

Xoves 1 de setembro: BELLA CHAOS na Praza da Estación ás 23:00h

Venres 2 de setembro: AD HEIRA LITI na Praza de España ás 22:30h

Venres 2 de setembro: DELOREANS na Praza de España ás 00:00h

También te podría gustar...