GP Master Ribeira Sacra de ciclismo
- Se celebrará en Monforte este domingo 19
- O Conxunto monumental de San Vicente será a saída e a meta desta proba ciclista organizada polo Club Ciclista Chantadino y que conta co patrocinio do Concello de Monforte
- José Tomé Roca, presentou o cartel oficial xunto con membros da organización, da Federación Galega de Ciclismo, de Moto Vuelta e das forzas e corpos de seguridade do estado que participan no desenvolvemento deste evento deportivo
- O Alcalde destaca que “actividades deportivas coma este supoñen unha importante promoción tanto para o noso concello como para a Ribeira Sacra, neste cabo cunha proba ciclista que reunirá a 200 corredores e que agardamos sexa todo un éxito”
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou o cartel oficial do GP Master Ribeira Sacra de ciclismo, que se celebrará en Monforte este domingo 19 de xuño, e que conta co patrocinio do Concello de Monforte.
No acto, estivo acompañado por membros da organización, o Club Ciclista Chantadino, da Federación Galega de Ciclismo, de Moto Vuelta e das forzas e corpos de seguridade do estado que participan no desenvolvemento deste evento deportivo, tanto a Garda Civil, como a Policía Municipal monfortina.
O Alcalde destaca que
eventos deportivos coma este supoñen unha importante promoción tanto para o noso concello como para a Ribeira Sacra, neste cabo cunha proba ciclista que reunirá a 200 corredores e que agardamos sexa todo un éxito.
Así, este domingo 19 de xuño Monforte acollerá a saída e chegada do “Gran Premio Master Ribeira Sacra” de cilismo que reunirá en Monforte en torno a 200 ciclistas.
A saída, que será neutralizada, terá lugar ás 11:00 h. dende San Vicente para posteriormente dirixirse a Bóveda, Rubián, Pobra do Brollón e Sober dende onde se dirixirán novamente a Monforte entrando pola N-120A.
Xa no Concello monfortino, os ciclistas continuarán pola rúa Bo Casar, Ronda Mª Emilia Casas Baamonde, rúa San Pedro, rúa Leopoldo Calvo Sotelo e rúa Lagares ó final da cal os ciclistas encararán a subida a San Vicente, onde estará situada a meta.
Estimase que os deportistas crucen a liña de meta en torno ás 12:50 h.
A praza Luís de Góngora, en San Vicente, será o escenario da entrega de premios ás gañadores que terá lugar en torno ás 13:15 h.