Golpean cunhas barras de ferro un viandante en Vigo

VigoAxentes da Policía Local de Vigo instruíron dilixencias contra tres homes, con idades comprendidas entre os 21 e 31 anos, por agrediren supostamente cunhas barras de ferro un viandante no barrio de Ribadavia, informaron fontes policiais.

Cando a Policía se desprazou ás 20.20 horas de onte ao lugar da agresión encontrouse cun home sentado na beirarrúa que sangraba pola boca e que manifestou que tres mozos, veciños da zona, o golpearan con dúas barras de ferro sen que mediase provocación pola súa parte, e que despois fuxiron.

Os labores de rastreo de varias patrullas permitiron a localización, nunha rúa adxacente, dos supostos agresores: A.J.B., de 26 anos, J.J.B., de 21, e A.P.J., de 31 anos.

EFE

También te podría gustar...