Gargallada estrea este venres «Lurpias» un cabaré de mulleres bravas
Gargallada Teatro estrea este venres, 27 de marzo, ás 21h o cabaré «Lurpias» con seis actrices sobre o escenario que, a través dos números dunha compañía de revista vida a menos, reivindican o dereito das mulleres a facer da súa capa un saio. As entradas (3 euros) estarán dispoñibles na billeteira do Teatro desde una hora antes.
Dirixidas por Fran Fernández, estarán sobre a tarima do TLO Aurora Fernández, Sandra Méndez, Noemi Pinto, Amparo Rodríguez, Rosa Cortiñas e Fran Fernández. Contaron coa dirección artística de Nelson Quinteiro. Da iluminación e o son ocúpase Pablo Prada, da maquillaxe Nuria Menéndez e do vestiario Sol Rodríguez e Nuria Menéndez.