Gañadores do “Concurso de Decoración de Nadal e Escaparatismo” de Monforte

  • O Concello resolve o Concurso de Decoración de Nadal e Escaparatismo con 5.300 euros en premios e bonos axuda
  • O Xurado do “Concurso de Decoración de Nadal e Escaparatismo”, organizado polo Concello de Monforte dentro da campaña “Este Nadal eu merco en Monforte”, fallou hoxe os gañadores das diferentes categorías deste certame, cuxo obxectivo foi dar un impulso ó comercio, á hostalería e ás familias, á vez que incentivar a decoración navideña no municipio
  • En total este concurso repartiu 5.300 euros en premios e bonos axuda, para o cal valorou a creatividade tanto dos cidadáns como dos negocios de hostalería e comercio no embelecemento ornamental da cidade durante este Nadal. Nas diferentes categorías do concurso inscribíronse un total de 43 participantes 
  • A entrega de premios deste Concurso celebrarase o mércores 13 de xaneiro de 2021, ás 14:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Monforte
  • Do mesmo xeito, segue aberto, ata finais de xaneiro de 2020, o “Concurso de Bonos de axuda para o Nadal”, que se desenvolve nas principais emisoras de radio da cidade, Onda Cero e Radio Principal Cadena Ser, e no que os oíntes poden gañar, respondendo a unha sinxela pregunta, un bono de 25 € para gastar na hostalería e o comercio do municipio. Para este concurso o Concello destinou 25.000 euros que xa se están a repartir a través de 1.000 bonos de axuda

1º premio Decoración Casa

 

O Xurado do “Concurso de Decoración de Nadal e Escaparatismo” organizado polo Concello de Monforte dentro da campaña “Este Nadal eu merco en Monforte”, fallou na mañá de hoxe os gañadores das diferentes categorías deste certame, o cal tivo por obxectivo dar un impulso ó comercio, á hostalería e ás familias, á vez que incentivar a decoración navideña no municipio.

O Alcalde, José Tomé Roca, dera a coñecer este concurso a principios do mes de decembro, dentro dunha campaña de axudas para o Nadal promovidas polo Concello de Monforte, e que se engaden ás xa postas en marcha este ano por mor do Coronavirus. En concreto, dende o Concello e a área de Promoción Económica, ideouse esta campaña de Nadal, para dar un impulso ó Comercio e á Hostalería de Monforte, baixo o lema “Este Nadal eu merco en Monforte”.

En concreto, ideáronse 2 concursos para os cales destináronse axudas directas por valor de 30.000 euros, para propiciar o consumo da cidadanía na hostalería e nos comercios de Monforte, durante os meses de decembro de 2020 e xaneiro de 2021. Os concursos convocados foron o “Concurso de Bonos de axuda para o Nadal” e o “Concurso de decoración do Nadal e Escaparatismo”. 

Resolución do Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo

Con este concurso, o Concello buscaba fomentar a participación e a creatividade da cidadanía no embelecemento ornamental da cidade durante este Nadal, marcado pola crise da Covid-19, á vez que potenciar o comercio local e a hostalería do municipio. Para elo, contou coa implicación tanto de establecementos comerciais, como de hostalaría e os propios veciños de Monforte.

En concreto, neste concurso inscribíronse un total de 43 participantes. Por categorías a participación foi a seguinte:

  • Comercios e negocios ubicados no termo municipal de Monforte: 21 inscricións.
  • Hostalería: 5 inscricións.
  • Vivendas unifamiliares: 7 inscricións.
  • Balcóns e/ou ventas de edificios: 7 inscricións.
  • Comunidade de veciños: 3 inscricións.

Os participantes no Concurso debían decorar os diferentes espazos propostos, recreando o ambiente propio do Nadal, utilizando para elo elementos tradicionais e propios destas festas, así como a iluminación e  a composición ornamental características do Nadal.

Para as diferentes modalidade deste Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo destináronse 5.300 euros en premios e axudas.

A entrega de premios deste Concurso celebrarase o mércores 13 de xaneiro de 2021, ás 14:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Monforte.

Gañadores do concurso e do sorteo de bonos entre os inscritos

En concreto, na modalidade de Comercio establecéronse 3 premios:

  • 1º premio, de 300 euros, que recaeu en: Mundo Fesport-Rubén José Díaz Rodríguez.
  • 2º premio, de 200 €: Vinoteca Centro do Viño-José Ramón Martínez Mareque.
  • 3º premio, de 100 €: Domingo Joyeros-Domingo Pérez Somoza.

En canto á categoría de Hostalería tamén se outorgaron 3 premios:

  • 1º premio, de 300 euros: Garden Monforte-Rodrigo Antón Coucheiro Limeres
  • 2º premio, de 200 €: Abadía San Simón-Josefa Díaz Fernández
  • 3º premio, de 100 €: Tapería Centro do Viño-José Ramón Martínez Mareque.

No caso das vivendas, para as Comunidades de Veciños os premios foron:

  • 1º premio, de 300 euros: Comunidade de Veciños Molinos de Antero, 22-24- Isabela Ceres Vega-Leal.
  • 2º premio, de 200 €: Comunidade de Veciños Molinos de Antero, 18-20- Montserrat Álvarez Rodríguez.
  • 3º premio, de 100 €: Comunidade de Veciños-bloque 4- As Acacias- Cristina González Fiqueiras.

Na categoría de Balcóns e ventás de edificios e vivendas, os gañadores son:

  • 1º premio, de 200 €: María Isabel Vázquez Pedreda-C/ Comercio, 17.
  • 2º premio, de 100 €: Héctor Manuel Díaz López-C/ Conde, 54.
  • 3º premio, de 50 €: Oriana Sulheyll López Caballero-C/ Concepción Arenal, 31- 2ºA.

Finalmente, na categoría de Vivendas unifamiliares os premiados foron:

  • 1º premio, de 200 €: Daniel Leiva Vega- C/ María Paz de Tor, 62.
  • 2º premio, de 100 €: Ofelia Espiño Ledo- C/ Carud, nº 2.
  • 3º premio, de 50 €: Manuel Pallín Rodríguez- Camiño das Bestas- Piñeira.

Tal e como establecen as bases do concurso, a decoración ideada por todos os participantes estará exposta ata o día 7 de xaneiro de 2021.

Ademais, entre todos os participantes nas diferentes modalidades, excepto os xa gañadores, estaba previsto o sorteo dun total de 25 lotes de bonos por un importe de 100 euros cada lote (cada lote inclúe 4 bonos de 25 €). Neste senso, o Xurado estimou oportuno que, ó non haber cuberto a totalidade dos premios no sorteo en todas as modalidades, e dando a oportunidade de que todos os participantes puidesen ter un merecido premio, por ser o primeiro ano deste concurso, decidiuse outorgar a todos os participantes o premio correspondente o importe de 100 €/premio en bonos (4 bonos de 25 euros), repartíndose entre eles un total de 28 lotes de bonos para gastar na hostalería de Monforte.

Estes bonos deberán consumirse como data límite o 31 de marzo de 2021, en calquera dos establecementos da hostalería do concello de Monforte de Lemos.

Tanto o fallo do xurado para elixir ós gañadores deste concurso, así coma o sorteo público dos 25 bonos de 100 euros terán lugar o día 30 de decembro. 

Concurso de Bonos de axuda para o Nadal

Do mesmo xeito, segue aberto, ata finais de xaneiro de 2020, o “Concurso de Bonos de axuda para o Nadal”, que se desenvolve nas principais emisoras de radio da cidade, Onda Cero e Radio Principal Cadena Ser, e no que os oíntes poden gañar, respondendo a unha sinxela pregunta, un bono de 25 € para gastar na hostalería e o comercio do municipio.

Para elo, os oíntes poden participar a través dun programa especial de luns a venres de pregunta-resposta, que se está a celebrar dende o 7 de decembro e que se estenderá ata o 29 de xaneiro de 2021.

En concreto, dende o 7 de decembro e ata o pasado día 24, xa se realizaron un total de 482 chamadas con resposta acertada. Nestes 13 días de concurso, xa se puxeron en circulación 477 bonos, por un valor de 11.925 euros.

Para este concurso o Concello de Monforte destinou 25.000 euros que xa se están a repartir a través de 1.000 bonos de axuda. O fin dos bonos é que poidan ser gastados tanto na hostalería coma nos comercios de todo tipo do municipio. Só se entrega un bono por persoa, unha vez que se acerte a pregunta formulada, polo que a mesma persoa non poderá participar dúas veces, é dicir, non poderá repetir.

Neste concurso os oíntes poden chamar a estas emisoras e as locutoras destas dúas radios lles formularán unha sinxela pregunta relacionada co comercio e a hostalería de Monforte. En caso de respostar correctamente á pregunta formulada, o gañador ou gañadora pode pasarse pola Casa do Concello a recoller o seu bono de 25 euros.

En Radio Principal, o programa da comezo ás 13:05 horas de luns a venres, e pódese chamarse ó 982 400 512. No caso de Onda Cero, as chamadas para participar neste concurso pódense facerse a partir das 13:10 horas, temén de luns a venres, e no 982 418 243.

Os agraciados poden recoller os bonos na Casa do Concello de Monforte ata o día 12 de febreiro, poñéndose a disposición cada mércores os bonos da semana anterior. E o prazo límite para gastalos no comercio e na hostalería é o 20 de febreiro. Os establecementos teñen de prazo para solicitar ó Concello o pago dos bonos que se consuman nos seus negocios, ata o día 1 de marzo de 2021, por ser domingo o día 28 de febreiro.

O Alcalde destaca que con estes dous concursos,

o Equipo de Goberno do Concello de Monforte segue axudando tanto ós veciños e veciñas da cidade como á hostalería e o comercio de Monforte, neste caso con axudas directas por importe de 30.000 euros, tratando de innovar para facer do Nadal unhas datas máis atractivas e alegres.

 

También te podría gustar...