Galicia presenta a súa oferta turística 2015 en Cataluña, un dos principais mercados nacionais da comunidade

image_gallery (1)

 

A oferta turística galega promoveuse esta fin de semana en Cataluña, que con preto de 200.000 viaxeiros aloxados e 415.000 pernoitas nos establecementos regrados constitúe o cuarto mercado nacional máis importante para Galicia, logo de Madrid, Castela e León e Asturias.

Deste xeito, Turismo de Galicia participou cun recinto de promoción propio na I edición do Salón B-Travel de Cataluña, herdeiro do Salón Internacional de Turismo de Cataluña (SITC) que se celebrou durante 23 anos no recinto da Fira de Barcelona.

O recinto galego contou con 112 metros cadrados de exposición, como difusor da oferta turística xeral da comunidade galega, no que salientou como reclamo unha imaxe do botafumeiro da Catedral de Santiago e outros elementos gráficos inspirados na natureza e a cultura.

Neste certame, o organismo autonómico de promoción turística tivo moi presente a promoción do Camiño de Santiago entre os cataláns, así como os produtos e os servizos turísticos relacionados cos recursos naturais, a culturais e a enogastronómicos

O Salón B Travel é unha das plataformas turísticas máis importantes da oferta e os servizos turísticos no ámbito nacional e un importante reforzo para a promoción do turismo galego en Cataluña.

Promoción no estranxeiro

Por outra parte, Turismo de Galicia tamén estará presente na feira Koiné, que se celebrará en Vicenza (Italia) tamén durante ESTA segunda quincena de abril.

Trátase dunha das maiores feiras relixiosas de Europa. De carácter bianual, celebra este ano a súa 16ª edición e está aberta a profesionais e público xeral. Neste caso Turismo de Galicia presentará en Italia os recursos e produtos relacionados co Camiño de Santiago.

Este mes de abril, o turismo galego estará presente tamén en Brasil na feira World Travel Latin América. Esta será a primeira vez que Turismo de Galicia participe neste certame profesional que celebra este ano a súa 3ª edición, dentro do marco do encontro anual da Asociación Brasileira de Operadoras de Turismo – Braztoa-.

También te podría gustar...