Galicia na World Travel Market, a feira máis importante do mercado británico

  • Galicia promove a súa oferta turística na World Travel Market, a feira máis importante do mercado británico
  • Turismo de Galicia aposta por esta feira aumentando nesta edición as dimensións do seu stand dispoñendo dun espazo singular de 50 m2 que inclúe unha zona para atención de profesionais e tres mostradores destinados á oferta turística galega e ao Camiño de Santiago
  • No que vai de ano, os turistas británicos supuxeron o 6,6% do total de turistas estranxeiros que visitaron Galicia

 

wtm_image_-_reduced2Turismo de Galicia promoverá esta semana en Londres a oferta turística galega dentro da World Travel Market (WTM), a principal feira turística do mercado británico.

Trátase dun dos eventos turísticos máis importantes do mundo, xunto coa Bolsa Internacional de Turismo (ITB) de Berlín e a Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid.

Dada a importancia do evento e do mercado británico, Turismo de Galicia aposta por esta feira aumentando nesta edición as dimensións do seu stand en relación a edicións anteriores. Deste xeito, disporá dun espazo singular de 50 m2 que inclúe unha zona para atención de profesionais e tres mostradores destinados á oferta turística galega e ao Camiño de Santiago.

Así mesmo, manterá encontros cos profesionais do sector e insistirá na promoción dos valores da marca do turismo galego e os seus principais produtos turísticos co obxectivo de afianzar a chegada de turistas británicos a nosa comunidade.

Ademais, potenciaranse as relacións entre os empresarios turísticos de Galicia e os operadores británicos e do resto do mundo presentes neste certame.

Turismo de Galicia viaxa un ano máis xunto ao Clúster de Turismo de Galicia e unha trintena de empresarios e representantes do sector galego.

register-now-slider

 

Mercado británico

No que vai de ano, visitaron Galicia un total de 54.966 viaxeiros procedentes de Reino Unido rexistrando os establecementos hoteleiros da nosa comunidade 104.909 pernoitas dos turistas británicos.

Deste xeito, o o mercado turístico británico en Galicia superou nun 7,4% os niveis de demanda do mesmo período do pasado ano.

O mercado británico supuxo, nestes primeiros nove meses, o 6,6% de todos os turistas estranxeiros que visitaron Galicia, o que implica que o inglés sexa o sexto mercado internacional máis importante para a comunidade galega.

No tocante á cifra de peregrinos, no que vai de ano, recolleron a Compostela na Oficina do Peregrino de Santiago un total de 5.910 peregrinos británicos, o que sitúa ao mercado británico como o sétimo mercado estranxeiro que máis peregrinos proporcionou ao longo deste 2016.

También te podría gustar...