Galicia continúa sendo a quinta Comunidade con máis estrelas Michelín
Na edición de 2015 dos distintivos Estrella Michelin outorgados pola prestixiosa publicación Guía Michelin, Galicia contará con 12 restaurantes con esta recoñecida distinción. Galicia suma así unha nova Estrella Michelin ao ser distinguido por ver primeira o restaurante “Nova” con Daniel Guzmán e Julio Sotomayor ao frente.
O proxecto emprendido hai dous anos por estes dous cociñeiros consolídase así na alta cociña, cunha oferta de cociña de mercado e produto coa característica principal de que non dispón de carta, senón de tres menús degustación os cales cambian todas as semanas.
Este restaurante situado na cidade de Ourense, é o primeiro en lograr dita distinción nesta provincia. Pontevedra volve ser a provincia galega con máis Estrellas, con seis restaurantes distinguidos co ansiado galardón. No caso da Coruña e a súa bisbarra mantéñense os cinco locais que contan con esta prestixiosa distinción.
Continúan ,así, un ano máis na elite da cociña Árbore dá Veira, de Luis Veira; Alborada, con Iván Domínguez aos fogóns dende hai uns meses; ambos os dous na Coruña, o Retiro de Costiña de Santa Comba, de Manuel García; Yayo Daporta de Cambados; Xosé Torres Cannas, Pepe Vieira; As Garzas de Caco Agrasar; A Estación de Cambre, con Juan Crujieras e Bea Sotelo; Maruja Limón de Vigo, de Rafa Centeno, Silabario de Tui; Culler de pau, de Javier Olleros e Casa Solla.
Con esta nova edición da Guía Michelin, Galicia sitúase no quinto posto no ranking de comunidades con máis Estrellas Michelin só por detrás de Cataluña, que se mantén como a comunidade líder con 50, País Vasco (21), Madrid (16) e Comunidade Valenciana (14).