Futuro Parque do Barrio do Hospital de Monforte

  • O Concello licita o proxecto construtivo
  • O Alcalde, José Tomé Roca, ven de comunicar a publicación hoxe do anuncio de licitación para a construción do novo Parque do Barrio do Hospital, polo que o prazo para a presentación de ofertas estará aberto ata o 28 de febreiro de 2020
  • Para esta actuación, o Concello dispón dun orzamento máximo de licitación de 555.934,16 euros e o prazo de execución da obra será de catro meses, dende a sinatura da correspondente acta de replanteo. O prazo para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 28 de febreiro de 2021. A mesa de contratación para a apertura das ofertas que se presenten está previsto que se celebre o vindeiro luns 8 de marzo
  • Este proxecto conta cunha axuda de 150.000 euros aportados pola Deputación de Lugo, sendo o resto do orzamento total aportado polo Concello monfortino (405.934,16 €)
  • O rexedor municipal destaca que “tras o inicio deste proceso de licitación, seguimos avanzando na consecución deste importante proxecto construtivo, un logro de enorme relevancia, que fará que a cidade de Monforte teña un novo parque público no Barrio do Hospital, e que suporá a posta en valor desta parte da cidade”
  • “Dotamos así a esta zona da cidade, que agora está chea de maleza, dunha nova infraestrutura pública que contará con varias zonas de céspede, un área de xogos infantís, paseos peonís lonxitudinais e transversais, elementos biosaudables de ximnasia para maiores e unha zona de estacionamento de aproximadamente 60 prazas, para vehículos motos, bicicletas así como prazas para minusválidos, que contribuirá a paliar o déficit de estacionamento que ten o Hospital Comarcal tanto para os veciños que van a consulta como os que van de visita” salientou o Alcalde

Novo Parque

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a publicación do anuncio de licitación para a para a construción do novo Parque do Barrio do Hospital.

O Concello de Monforte destina para esta actuación un orzamento máximo de licitación de 555.934,16 euros. Unha vez publicado hoxe o anuncio para o envío de ofertas, o prazo para a presentación das mesmas rematará o vindeiro 28 de febreiro de 2021. A mesa de contratación para a apertura das ofertas que se presenten está previsto que se celebre o vindeiro luns 8 de marzo. O prazo de execución da obra será de catro meses, dende a sinatura da correspondente acta de replanteo

O Rexedor municipal destaca que “tras o inicio deste proceso de licitación, seguimos avanzando na consecución deste importante proxecto construtivo, un logro de enorme relevancia, que fará que a cidade de Monforte teña un novo parque público no Barrio do Hospital, e que suporá a posta en valor desta parte da cidade, aportando importantes servizos para os seus veciños”.

Dotamos así a esta zona da cidade, que agora está chea de maleza, dunha nova infraestrutura pública que contará con varias zonas de céspede, un área de xogos infantís, paseos peonís lonxitudinais e transversais, elementos biosaudables de ximnasia para maiores e unha zona de estacionamento de aproximadamente 60 prazas, para vehículos motos, bicicletas así como prazas para minusválidos, que contribuirá a paliar o déficit de estacionamento que ten o Hospital Comarcal tanto para os veciños que van a consulta como os que van de visita

salientou o Alcalde.

Axuda Deputación de Lugo

Este proxecto conta cunha axuda de 150.000 euros aportados pola Deputación de Lugo, tras o convenio asinado entre aquela e o Concello, sendo o resto do orzamento total aportado polo Concello monfortino (405.934,16 €).

Este proxecto do novo parque público do barrio do Hospital para a cidade, fora dado a coñecer polo Alcalde monfortino a finais do mes de setembro de 2019, e estará ubicado na parcela que linda coa finca do Hospital Comarcal, coa rúa Corredoira, coa rúa Codesás e coa Ronda María Emilia Casas Baamonde.

O Alcalde engade que “para o Equipo de Goberno,  a atención ás persoas é un pilar fundamental da nosa acción de Goberno, e creemos que con esta obra contribuiremos a mellorar os servizos e a calidade de vida de todos os monfortinos.”

Criterios de valoración e melloras

Os criterios cos que se valorarán as ofertas presentadas a este proxecto construtivo son os seguintes:

  • Prezo: 50 puntos.
  • Mellor calidade do alumeado dos viais: 25 puntos.
  • Ampliación do prazo de garantía: 10 puntos.
  • Maior superficie de pavimento de seguridade: 10 puntos.
  • Maior alumeado para a zona de xogos: 5 puntos.

 

Carácter integral do novo parque público do Hospital

O 30 de setembro de 2019 o Alcalde de Monforte deu a coñecer un proxecto para a construción dun novo Parque público no Barrio do Hospital. Ese mesmo día, iniciouse o procedemento para alcanzar estes obxectivos de construción do novo parque, xa que o Pleno da Corporación municipal aprobou a declaración de interese social da parcela onde se ideou construír esta nova infraestrutura urbana. O pasado 17 de decembro de 2020, o Concello obtivo da Xunta de Galicia o permiso para expropiar os terreos necesarios para levar a cabo este proxecto do futuro Parque do Hospital. E hoxe o Concello puxo en marcha o proceso para a licitación das obras de construción do novo Parque.

O novo parque público do Barrio do Hospital ideado polo Equipo de Goberno monfortino terá un carácter integral para dar resposta a varias cuestións ó mesmo tempo, de tal xeito que vai incluír varias zonas de céspede, unha zona de xogos infantís, paseos peonís lonxitudinais e transversais, estará dotado de varios elementos biosaudables de ximnasia para maiores e finalmente contribuirá a paliar o déficit de estacionamento na zona do Hospital contando co aproximadamente 60 prazas de estacionamento para vehículos e tamén contará con estacionamentos para motos, para bicicletas e prazas para minusválidos.

A superficie da parcela que albergará este parque será de aproximadamente 6.212 metros cadrados, unha extensión moi importante e que ven dar un servizo público do que carece esa zona da cidade.

O Barrio do Hospital

O Barrio do Hospital atópase situado ó noroeste do centro urbano de Monforte de Lemos entre as zonas do seu casco histórico coñecidas como Abeledos e Ramberde e a Rolda María Emilia Casas Baamonde (tramo urbano da LU-644 situado ao leste da LU-617), barrio xurdido a finais do século pasado, a raíz da construción no lugar do Hospital Comarcal de Monforte e á apertura da referida Rolda María Emilia Casas, vial que veu comunicar as partes este e oeste da zona norte da cidade, divididas pola canle do Río Cabe.

Todo isto derivou que nas últimas décadas, esta parte norte da cidade e en especial o Barrio do Hospital, sexa a zona da cidade que experimentou un maior desenvolvemento, cun notable aumento de poboación e o establecemento de novos comercios de toda índole, como por exemplo o supermercado “Mercadona” de grandes dimensións existente na contorna próxima do Hospital Comarcal que acaba recentemente de ser ampliado.

A confluencia destes servizos no Barrio do Hospital fai que o número de persoas que se achegan ao mesmo sexa moi elevado, en especial, nas franxas horarias de maior afluencia ó Hospital Comarcal, así coma ó novo supermercado. Hai que ter en conta que o Hospital Comarcal constitúe, si non o que máis, si un dos lugares que congrega un maior número de persoas da zona sur da provincia, dado o número de traballadores que emprega e os usuarios diarios que atende.

Así mesmo, a apertura no ano 2015 do último tramo, con chegada á cidade de Monforte de Lemos, da estrada CG2.2 (Vía de Altas Prestacións Lugo-Monforte), a cal na súa parte final circunvala o norte do núcleo urbano de Monforte de Lemos e cuxos accesos a leste, conflúen na contorna do Barrio do Hospital, provocou que o número de vehículos que circulan por estas viuse acrecentado de forma exponencial, sendo estes agora mesmo os máis utilizados polos usuarios que se achegan á cidade desde o norte da provincia.

Novos espazos

O gran desenvolvemento acadado polo barrio, fai necesaria a dotación de novos espazos públicos destinados a cubrir as necesidades da poboación desta zona, formada en gran parte por xente nova con nenos. Deste xeito, o Equipo de Goberno monfortino leva a cabo, con este proxecto, a creación de novos espazos destinados ó lecer e esparcemento para este barrio, que actualmente conta cunha área de xogos infantís na esquina das rúas Abeledos e Irmáns Dapena e outra con elementos biosaudables na rúa Corredoira.

Por outra banda, a poboación visitante que acode ó Barrio do Hospital buscando os servizos que nela se congregan, procedentes tanto de Monforte de Lemos como de toda a comarca e que na súa gran maioría achéganse ao lugar en vehículos particulares, atópanse co problema da falta de estacionamento, a pesar do número de prazas de aparcamento que alberga o recinto do Hospital Comarcal, problema que levou a proxectar, por parte do Concello, unha nova zona de aparcamentos, que contará con aproximadamente 60 prazas.

Necesidade

O Concello de Monforte de Lemos atendendo a estas necesidade de dotar ó Barrio do Hospital de prazas de estacionamento de vehículos e espazos libres para o esparcemento da poboación (parques, xardíns e áreas de xogo), ante a inexistencia na zona de chan de titularidade municipal para a implantación de devanditos servizos, viuse na necesidade de buscar terreo para este fin, sendo idónea a adquisición da parcela de terreo libre situada entre a Rda. María Emilia Casas Baamonde, a rúa Corredoira e o recinto do Hospital Comarcal.

En dita parcela, o Concello acometerá a construción do novo Parque do Barrio do Hospital, que albergará unha nova área de xogos infantís, de máis de 1.000 m2 de superficie, grandes zonas axardinadas e sendas para o paseo que enlazará co xa existente en paralelo á Rda. María Emilia Casas Baamonde, proveniente desde o leste (zona da Estación de Autobuses, Instituto Río Cabe, Paseo do Malecón, Edificio Multiusos e instalacións do Club Fluvial). Ademais, crearase un número importante de novas prazas de estacionamento, estimado en 60 prazas.

También te podría gustar...