Francisco García: “as avaliacións de Peñín evidencian a gran calidade da uva na comarca e o bo facer dos nosos viticultores e bodegas”

  • Os vinños xoves de Valdeorras, os máis valorados de España na nova edición da Guía Peñín
  • Ademais, os viños da comarca ocupan o terceiro posto no ranking global das denominacións de orixe do noso país, segundo esta prestixiosa publicación

O equipo da Guía Peñín revelou recentemente algúns dos indicadores da vindeira edición da publicación, que verá a luz no último trimestre do ano. Tal e como destacan desde o equipo editor, Valdeorras é a denominación de orixe española que maior puntuación media obtén nos seus viños xoves con 89,4 puntos. Por tras, sitúanse Ribeira Sacra (88,78) e Priorat (88,6).

Xunto a isto, a D.O. Valdeorras ocupa o terceiro posto, a nivel global, entre as máis valoradas de España para a Guía Peñín con 89,83 puntos. Por diante de Valdeorras tan só se sitúan Jerez (91,75 puntos) e Priorat (90,26). Tras Valdeorras, colócanse outras dúas denominacións vinícolas galegas como son Ribeira Sacra (con 89,42 puntos) e Rías Baixas (89,18).

Ultima cata que os técnicos da Guía Peñín desenvolveron na sede do Consello Regulador

Ultima cata que os técnicos da Guía Peñín desenvolveron na sede do Consello Regulador

 

Bo facer

Para o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Francisco García, “as avaliacións de Peñín evidencian a gran calidade da uva na comarca e o bo facer dos nosos viticultores e bodegas”. Neste sentido, recalca que se trata “dunha publicación de referencia no sector do viño a nivel nacional e, incluso, internacional” e que “son moitos os importadores que antes de decantarse por un viño comproban previamente a súa puntuación nesta guía”.

 

También te podría gustar...