Fóisenos Antolín, ‘o das orquestras’

  • O popular representante e organizador de festas e romarías faleceu en Petín o pasado 22 de abril.

D.E.P. Antolín Rodríguez Alonso

 

Antolín Rodríguez Alonso, fundador da coñecida axencia de espectáculos “Producciones Musicales Antolín”, morreu o venres 22 de abril sendo o seu enterro o sábado 23 na Igrexa Parroquial de Santiago Apóstol de Petín.

Antolín marcha pero deixa unha gran lembranza non só na contorna senón en gran parte de Galicia polo seu trato de moitos anos con xente, pero sobre todo con Comisións de Festas ás que lle deu solución para programar e organizar os seus festexos.

Tiña sona de bromista, falangueiro e afeccionado ao coleccionismo pero tamén de bo e xeneroso. Nunha emotiva carta da súa filla publicada no dixital Somos Comarca dáse boa conta deste aspecto que o caracterizou en vida.

Producciones Musicales Antolín seguirá o seu camiño, como nunca deixou de facelo dende que Antolín comezou todo, co empeño e coñecementos mamados de seu pai por Juanjo, o seu outro fillo.

También te podría gustar...