Acto de Valdeorras Infinda na Coruña, organizado en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Será unha palestra de Ricardo Gurriarán co título «Florencio Delgado Gurriarán: a vida no exilio e o regreso efémero da Galicia infinda». Terá lugar mañá mércores 20 de abril, ás 19:30horas., no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
PALESTRA DE RICARDO GURRIARÁN
(20-4-2022)
Título da palestra:
Florencio Delgado Gurriarán: a vida no exilio e o regreso efémero da Galicia infinda
Tras unha primeira palestra -que tivo lugar o 12 de xaneiro- na Ricardo Gurriarán nos falou sobre a vida de Florencio Delgado Gurriarán (autor homenaxeando nas Letras Galegas de 2022) ata a súa chegada a México, nunha segunda palestra que terá lugar o mércores 20 de abril, ás 19:30 horas, Ricardo Gurriarán completará o percorrido vital -salientando o seu labor no exilio mexicano- do escritor valdeorrés, unha das figuras máis destacadas das letras galegas da diáspora. Teremos así unha visión completa de Florencio Delgado Gurriarán.
Ricardo Gurriarán é licenciado en Educación Física (INEF) pola Universidade Politécnica de Madrid . Exerceu a docencia nun instituto de Santiago de Compostela. É tamén doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor de numerosos –e premiados– estudos de investigación, Ricardo é un dos máximos especialistas na figura de Florencio Delgado Gurriarán. En 1999, publicaba en Ediciós do Castro, Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista, libro que acaba de reeditar en 2022 na Editorial Galaxia.