Firma do convenio para o ascensor do Centro de saúde da Rúa
Como xa lles adiantamos a semana pasada, hoxe martes, 19 de maio, o alcalde da Rúa Avelino García Ferradal, e a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, asinarán na sede da Consellería en Santiago o protocolo de actuación para construir un ascensor no Centro de Saúde da Rúa. Esta obra, presupostada en 60.000 €, será financiada pola Xunta nun 60%, pola Deputación de Ourense nun 30% e polo Concello nun 10%.