Finalmente aprobado o parque eólico en Vilamartín que suporá unha inversión de 20 millóns de euros
Finalmente a Xunta aprobou a construción do parque eólico en Cernego, no concello de Vilamartín que suporá unha inversión de 20 millóns de euros e que terá unha inatalación de 21 megavatios de potencia total instalada en sete aeroxeradores que permitirán obter 61.500 megavatios hora, equivalente ao consumo anual de 15.000 fogares galegos.
Aprobada pero sin data fixa de comezo do proxecto, xa que so indica a Xunta que o prazo de comezo vai ser dentro dos 9 meses seguintes á ocupación dos terreos.
Aínda cabe contra a resolución da Xunta un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes por alguén que vexa perxudicados os seus dereitos, especialmente de empresas con dereitos mineiros na zona que dicían verse prexudicadas pola nova actividade.
Nalgúns casos, os dereitos estaban caducados e noutros as obras non afectarán ás posibles explotacións, polo que todas foron desestimadas.
Tamén protestaron os propietarios dos montes onde irán os aeroxeradores, mostrándose disposto a negociar coa empresa para o aluguer. A Xunta declarou a obra de «utilidade pública», o que leva supón que poderá levarse a cabo unha expropiación forzosa.