Festival 13Roeis 2022: amplía días, actividades e espazos de celebración
- Pantón acolle o 19 e 20 de agosto un 13Roeis que amplía días, actividades e espazos de celebración
O Pazo de Ferreiroá (Pantón) acolleu este luns a presentación dunha nova edición do 13Roeis, festival de referencia na Ribeira Sacra que organiza a Asociación Cultural 13Roeis para os días 19 e 20 de agosto.
Esta terceira edición chega con novidades, aumenta a duración a dous días, o que supón máis grupos e máis actividades e amplíanse os espazos acollendo citas literarias, de artesanía, gastronómicas e co viño.
No espazo Xacobeo 22 centrarase a actividade do Festival, cos concertos no escenario Mahou 5 estrellas, o xantar popular, a zona de foodtrucks e bar. Aquí celebraranse tamén a feira de artesanía ou as presentacións literarias; o espazo infantil, onde se aloxará a zona de acampada e duchas, habilitando un novo espazo para furgonetas e campers. No apartado literario presentaranse as obras de Clara Vidal e Daniel Asorey
Haberá un espazo 13Roeis no Mosteiro Cisterciense do Divino Salvador, con cata de viños e un obradoiro sensorial, entre outras actividades. Participan 25 adegas da D.O. Ribeira Sacra, 3 delas como patrocinadoras principais do Festival. Xunto a este tamén está o novo espazo serán, que acolle máis concertos e pasarrúas.
Na presentación do 13Roeis participaron Miguel García da asociación organizadora, o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a deputada Ana González e o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández; como institucións colaboradoras co 13Roeis. Todos eles agradeceron as colaboracións e felicitaron a iniciativa que leva o nome de Pantón e da Ribeira Sacra máis alá das fronteiras de Galicia, cun cartel que chega a todos, especialmente á mocidade.
Desde a organización Miguel García destacou que o
Trece Roeis Fest é un referente no eido dos festivais, xa que, ademáis de achegar bandas do panorama español cunha importante representación de agrupacións galegas e de bandas mixtas ou encabezadas por mulleres, crea un espazo no que a música mestúrase coa artesanía, a gastronomía, o mundo do viño a literatura e una morea de actividades para toda a familia.