Achéganse as festas patronáis en moitos dos concellos da nosa comarca. Unha delas son as Festas San Lorenzo 2014 en Arcos de Valdeorras que terán a cita o vindeiro día 8 de agosto.
Entre as actividades que se teñen planificadas para estas festas, o mesmo día 7, celebrarase unha obra de teatro a cargo das veciñas e veciños do pobo, dirixida, coma non podía ser doutra maneira, polo mestre David Daniel. Ao remate do teatro, haberá a actuación de O Son do Sil, que deleitarán aos asistentes coas súas cancións.