Feira Medieval: Monforte mantén viva a chama
- A través de dous vídeos promocionais
- O Alcalde, José Tomé Roca, presentou onte ós medios de comunicación os dous vídeos elaborados polo Concello co obxectivo de que “non esquezamos a Feira Medieval e de que ambos vídeos sirvan de impulso para que o ano que ben voltemos con máis forza, xa que agardamos poder celebrar a Feira Medieval de novo, sempre que as circunstancias da pandemia nolo permitan”
- O primeiro dos vídeos, realizado pola empresa morfontina Amanita Studio, levouse a cabo a recompilación das mellores imaxes e dos mellores acontecementos de pasadas edicións de este evento
- O segundo, dirixido polo realizador vigués Fabián Figueroa, e protagonizado por actores galegos famosos, como o son Antonio Durán Morris, Rosa Davila ou Rubén Riós, entre outros, “ten por obxectivo comunicar que non vai haber Feira Medieval neste ano, pero que estamos traballando xa para voltar con máis forza e máis folgos o ano que ven”, destacou o Alcalde
- A ambos vídeos promocionais o Concello daralles a máxima difusión posible tanto nos medios de comunicación, como na web e nas redes sociais municipais, así como no MUPI da rúa Cardenal
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ofreceu onte unha roda de prensa para presentar os dous vídeos promocionais elaborados dende o Concello para recordar a Feira Medieval de Monforte que, debido ás restricións derivadas da crise sanitaria da Covid-19, non se pode celebrar, ó igual que ocorreu o ano pasado, a fin de semana da Semana Santa, é dicir, os vindeiros 3 e 4 de abril. Na presentación estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón.
Por este motivo, “para manter viva a nosa Feira Medieval e non a esquezamos, elaboramos dous vídeos promocionais para que a Feira Medieval de Monforte non caia no olvido e non teñamos que promocionala partindo de cero. Queremos que a Feira Medieval siga sonándolle á xente e crear esa necesidade de visitala”, destacou o Alcalde.
Á hora de promocionar a Feira Medieval, o Concello sempre se serve de 3 elementos esenciais para a súa difusión, como son o cartel oficial, o programa de actos e o vídeo promocional. Desta forma, o Concello apoiouse nun deses elementos, que vai servir de recordatorio para que non esqueza a Feira, como é o vídeo promocional.
Dous vídeos promocionais para manter viva a Feira Medieval
Na súa intervención o Alcalde presentou 2 vídeos promocionais “cuxa elaboración foi feita dacordo a dous obxectivos claros: que non esquezamos a Feira Medieval e que ambos vídeos sirvan de impulso para que o ano que ben voltemos con máis forza, xa que agardamos poder celebrar a Feira Medieval de novo, sempre que as circunstancias da pandemia nolo permitan”.
Dunha banda, o Alcalde deu a coñecer o vídeo realizado pola empresa morfontina Amanita Studio, vídeo no que se leva a cabo a recopilación das mellores imaxes e dos mellores acontecementos de pasadas edicións de este evento, que leva sendo protagonista na Semana Santa monfortina durante 17 edicións. “Queremos, con este vídeo, poñer en valor o feito ata agora” indicou o rexedor municipal.
“O outro vídeo que rodamos, ten por obxectivo comunicar que non vai haber Feira Medieval neste ano, pero que estamos traballando xa para voltar con máis forza e máis folgos o ano que ven” salientou o Alcalde.
O vídeo foi dirixido polo realizador vigués Fabián Figueroa, producido por Especialistas Hípica Celta SLL, e protagonizado por actores galegos famosos, como o son Antonio Durán Morris, Rosa Davila ou Rubén Riós, entre outros. Esta peza audiovisual foi rodada, ademais de en Monforte, nos concellos ourensáns de Ribadavia e Arnoia, e no pontevedrés de Soutomaior, é dicir, o vídeo gravouse en localizacións de tres provincias galegas.
“Son dous vídeos diferentes pero que se complementan, para ensalzar a nosa Feira Medieval, evitar que nos esquezamos dela e emprazarnos a unha nova edición, que agardamos poida ser no vindeiro ano 2022”, subliñou Tomé Roca.
Deste xeito, a ambos vídeos promocionais o Concello monfortino daralles dende hoxe a máxima difusión posible tanto nos medios de comunicación, como na web e nas redes sociais municipais, así como no MUPI da rúa Cardenal.
O Alcalde tamén resaltou que “a promoción da Feira debemos impulsala cada ano, dado que a Feira Medieval de Monforte tense convertido nun dos maiores eventos da cidade a nivel cultural e comercial, xa que representa un atractivo turístico e axuda a atraer visitantes a Monforte e o conxunto da Ribeira Sacra. Porque a Feira Medieval de Monforte debe seguir medrando, co fin de acadar, dentro de 3 edicións, a declaración Feira de Interese Turístico Galego, algo que como saben a Xunta segue sen concederlle, exclusivamente por motivos políticos”.
“En definitiva” concluíu o rexedor monfortino,
queremos que a xente a poida seguir incluíndo dentro da súa programación de descanso e de ocio nas vacacións de Semana Santa, como digo, cando sexa posible volver a celebrala.
Vídeo recompilatorio Feira Medieval Monforte:
Vídeo Feira Medieval de Monforte de Lemos 2021