Faltou unanimidade no Concello de A Pobra de Trives para aprobar unha moción que solicita a construcción dun enlace entre a Comarcal 536 e a Nacional 120
Non houbo unanimidade no Concello de A Pobra de Trives para aprobar unha moción que solicita a construcción dun enlace entre a Comarcal 536 e a Nacional 120.
Os concelleiros do Partido Popular e o edil do PSdeG-PSOE non vaotaron a favor dunha moción que solicitaba a construcción dun enlace entre a Comarcal 536 e a Nacional 120.
Rota a unanimidade, os membros do Partido Popular como o membro do Partido Socialista defenderon a sua posición en contra amparándose nunha cuestión formal, a votar a favor dunha moción da alcaldía reclamando a melloras das infraestructuras para Trives.
O alcalde de Trives considera “fundamental, urxente e necesaria” a construcción deste enlace e lamenta que a oposición se manteña ao marxe desta necesidade inaprazable para Trives.
O rexedor trivense considera necesario que a veciñanza de Trives coñeza a posición de todos os grupos e lamenta que “intereses espúreos impidan o desenvolvemento da vila e da comarca”.
A moción foi aprobada cos votos do equipo de Goberno e remitirase á Presidencia da Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.