Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo
A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo. Este lume, que afectou ao Parque Natural do Xurés, quedou extinguido onte ás 22:15 horas, tras comezar ás 11:00 da mañá.
Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada por este incendio é de 15 hectáreas arboradas. Na súa extinción traballaron 6 axentes forestais, 14 brigadas, 5 motobombas, 7 helicópteros e 4 avións.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.